O pasado 28 de setembro, na nosa Hora de Ler, viaxamos ata a Francia do século XVII para coñecer a historia dos mosqueteiros e descubrir canto hai de realidade e canto de ficción nestes personaxes que forman parte do noso imaxinario colectivo.
Falamos de D'Artagnan, Athos, Porthos e Aramis, da novela de Alexandre Dumas e do famoso lema «Todos para un e un para todos», convertido en símbolo de amizade e lealdade. E descubrimos tamén algo sorprendente: D'Artagnan existiu realmente e serviu de inspiración para o personaxe de Dumas.
Unha nova Hora de Ler para comprobar que, ás veces, a realidade tamén ten moito de novela.
E lembrade: mañá, 3 de outubro, celébrase o Día Internacional do Mosqueteiro. Unha boa escusa para volver ás aventuras dos catro inseparables compañeiros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario