Ímonos achegando perigosamente ao día máis aterrador do ano. A festividade celta do Samaín está xa pisando os nosos talóns e na BiblioAntioquía non nos queremos despistar nin unha miga. Se pasastes estes días, e vos fixastes, claro!, por diante da pizarra que hai entre a Sala de Profes e a Biblio, de seguro xa vistes todo o que temos preparado para a celebración deste ano. Non falta ningún dos nosos clásicos!
Por se aínda hai alguén que se puidera despistar, aí vai un recordatorio de todo o que estamos argallando!
Arrancamos mañá mesmo cun OBRADOIRO, durante o recreo, para elaborar as MANUALIDADES máis arrepiantes! Teremos unha segunda cita o xoves!! Anota todo na túa axenda para non perder nada!
Este Samaín vai ser, ademais, moi doce! O xoves, 29 de outubro terá lugar na Biblio, tamén no recreo, outro OBRADOIRO... Vén preparar connosco uns DOCES DE MORTE!

E agárrate ben a onde poidas para non morrer co susto porque neste 2026 os concursos volven máis fortes ca nunca!
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario