Na nosa BiblioAntioquía tamén celebramos o amor… pero dun xeito moi especial. O Departamento de Filosofía preparou unha exposición tan orixinal como divertida: “O Día dos Namorados Filosófico”.
Nesta mostra, diferentes filósofos e filósofas coñecidos convértense nos protagonistas dunha colección de memes cheos de humor, nos que as súas ideas e frases máis célebres se mesturan co tema do amor e das relacións.
Entre reflexións, bromas e situacións cotiás reinterpretadas desde a filosofía, a exposición convida a mirar esta disciplina desde unha perspectiva máis lixeira e próxima, demostrando que a filosofía tamén pode facernos sorrir.
Se pasades pola biblioteca, non deixedes de botarlles un ollo: seguro que algún destes filósofos vos arrinca unha reflexión… ou unha boa gargallada!
.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario