Na nosa Hora de Ler tamén reflexionamos sobre o Día Internacional da Muller, que se celebra cada 8 de marzo. Esta data non é unha celebración, senón un recordatorio das loitas e reivindicacións que as mulleres levaron a cabo ao longo da historia para conseguir dereitos e igualdade.
A súa orixe está ligada ás mobilizacións das mulleres traballadoras a finais do século XIX e comezos do XX, que reclamaban mellores condicións laborais e dereitos políticos. A activista Clara Zetkin propuxo en 1910 crear un día internacional para visibilizar esta loita.
Co paso do tempo, o 8 de marzo converteuse nun símbolo global da igualdade, recoñecido oficialmente pola Organización das Nacións Unidas en 1975.
Ningún comentario:
Publicar un comentario