Abrimos as portas de Biblioantioquía con moitos folgos e algúns cambios.
Coma sempre estamos con tarefas técnicas para que todo vaia ben e agardamos ter todo listo para a semana próxima.
Seguimos coa limpeza de materiais que xa non usamos. Se sabedes de alguén que queira acoller enciclopedias, poñédeo en contacto connosco!
E, por suposto, dándolle acubillo a novas incorporacións.
mércores, 27 de setembro de 2017
mércores, 21 de xuño de 2017
Recomendacións para o verán
Achéganse as vacacións; é o momento de aproveitar para disfrutar deses libros que non tivemos tempo de ler durante o curso.
Biblioantioquía está chea de posibilidades para encher a túa mochila. Podedes acceder a recomendacións doutros veráns a través da etiqueta "lecturas de verán".
En primeiro lugar, deixámonos levar polas recomendacións de LA VOZ DE LA ESCUELA.
E, por que non un clásico grego ou latino?
Bo proveito e bo verán!

LIBROS DE NATUREZA
O tema non pode ser máis interesante e moitos deles agárdante nos nosos andeis. Imos ir enchendo o cesto das recomendacións que nos cheguen.
E, por que non un clásico grego ou latino?
Bo proveito e bo verán!
mércores, 14 de xuño de 2017
Certame literario: Falando de solidariedade
Xa levamos anos colaborando e participando neste certame organizado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.
Desta volta o noso alumnado presentou traballos de fotografía relacionados co tema proposto para esta ocasión: Solidariedade co medio ambiente.
Tratouse dunha xornada moi alegre e participativa na que puideron ver os medios empregados para a protección do medio ambiente, conferencias e por suposto a entrega de premios.
Obtiveron o 1º premio e o finalista na categoría de Fot -denuncia Iria Rodríguez e Diego Domínguez respectivamente, ambos alumnos de 1º E.S.O. Parabéns!!!!
luns, 12 de xuño de 2017
Concurso de microrrelatos: “Cheguei a casa. Metín a chave na pechadura, abrín a porta e...”
Para seguirmos fomentando a creación do noso alumnado, a Biblioantioquia e os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá convocaron un pequeno concurso para o alumnado de ensinanza secundaria.
Tratábase da creación dun microrrelato a partir dun comezo idéntico:
Tratábase da creación dun microrrelato a partir dun comezo idéntico:
“Cheguei a casa. Metín a chave na pechadura, abrín a porta e...”
A partir desta idea deuse paso á imaxinación do noso alumnado e houbo dende terror ata sobremesas... Diferentes e orixinais abordaxes á creación literaria que obtivo o seu priemio.
Recibiu así premios e mencións especiais o almnado de 1º a 3º E.S.O., quedando deserta a categoría de 4º.
As nosas alumnas, porque neste caso foron todas mulleres, agradeceron o premio ao seu esforzo.
Recibiu así premios e mencións especiais o almnado de 1º a 3º E.S.O., quedando deserta a categoría de 4º.
As nosas alumnas, porque neste caso foron todas mulleres, agradeceron o premio ao seu esforzo.
1º E.S.O.: L. Valeria Gutiérrez; finalista Carla Bolaño
2º E.S.O.: premiada Elia Ana; finalista María Gómez
3º E.S.O.: Bárbara Feijoo; finalista María Rodríguez
venres, 9 de xuño de 2017
"Actores desde el babero hasta la facultad"
Así titulaba La Voz de Galicia o seu artigo sobre o grupo de teatro Aneis de Xinzo de Limia.
Varias das nosas alumnas que remataron este ano 2º de Bacharelato, forman parte deste grupo dende pequeniñas.
Neste precioso artigo, o xornal fai un repaso da súa traxectoria agora que as actrices van voar máis lonxe.
Algunha das súas obras representouse no noso centro con grande éxito.
Recordades a Lidia, Sabela, Jésicas. Ana... pescudando quen era o/a asesino/-a?
Facede memoria
Biblioantioquia deséxavos moitos éxitos e moita felicidade nos vosos proxectos futuros!
Varias das nosas alumnas que remataron este ano 2º de Bacharelato, forman parte deste grupo dende pequeniñas.
Neste precioso artigo, o xornal fai un repaso da súa traxectoria agora que as actrices van voar máis lonxe.
Algunha das súas obras representouse no noso centro con grande éxito.
Recordades a Lidia, Sabela, Jésicas. Ana... pescudando quen era o/a asesino/-a?
Facede memoria
mércores, 7 de xuño de 2017
Parabéns, Alba
A alumna do noso centro, Alba Domínguez, foi a gañadora do certame de relato curto, Jóvenes talentos de Coca-cola. Aquí tedes a entrevista publicada en La Región.
Grazas, Alba, por escoller a nosa biblioteca para retratarte! Que mellor escenario para celebrar un premio literario!
Grazas, Alba, por escoller a nosa biblioteca para retratarte! Que mellor escenario para celebrar un premio literario!
Alba Domínguez: "Las mujeres debemos luchar para que nos tengan respeto, no dejarnos pisar"
Alba Domínguez es la estudiante limiana de 14 años, que se alzó con el primer premio de Ourense en la categoría de relato corto del concurso Jóvenes Talentos de Coca Cola. Aficionada a la escritura desde los 7 años, su historia convenció a los jueces del certamen
| Foto, La Región, 04/06/2017 |
luns, 5 de xuño de 2017
El escritor Juan Goytisolo muere a los 84 años en Marruecos | Cultura
Isto é o que temos de Juan Goytisolo nos nosos andeis:
Pero, Juan Goytisolo ten unha amplísima produción literaria:

E moitos premios:
- Premio Miguel de Cervantes 2014
- Premio Quijote de las Letras Españolas 2014
- Premio Quijote de las Letras Españolas 2010
- Premio Nacional de las Letras Españolas 2008
- Premio de Literatura Juan Rulfo (FIL de Literatura) 2004
Pouco antes de recibir o premio Cervantes, deixou depositado na axencia Balcells un libro inédito, coa orde de publicalo 10 anos despois da súa morte. Hai que agardar!
S.T.T.L.
venres, 26 de maio de 2017
Día das Letras Galegas

A semana das Letras Galegas foi o cumio da súa relación co escritor limiao: a véspera do día propio
espuxeron os seus traballos na bilblioteca e noutros espazos do centro.

A sorpresa foi que estes traballos non foron só gráficos senón tamén dóces! Seguro que podedes sentir o arrecendo!
Velaí o grupo de 1° dando conta das obras en dóce...

E, o propio día, no acto central en Xinzo, a nosa alumna e compañeira Paula Limia comezou a lectura homenaxe a Casares co Conto de verán que prologa O galo de Antioquía escrito polo seu fillo Hakan
Presentáronnos, ademais, o traballo feito polos equipos de normalización lingüística dos CEIP de Xinzo e dos IES de Allariz, Maceda e Xinzo, que incluía este precioso e particular xogo: A Oca de Carlos Casares!
Que celebración máis boa! Parabéns as persoas participantes!
mércores, 10 de maio de 2017
El desorden que dejas
O xoves 27 de abril o alumnado do club coñeceu en Ourense ao autor de El desorden que dejas, Carlos Montero e foi o gañador do XX Premio de Primavera de novela 2016.
Y tú, ¿cuánto vas a tardar en matarte? é a inquietante pregunta que atopa escrita nun papel dentro do seu bolso a protagonista deste triler psicolóxico no seu primeiro día de traballo. A partir de aí, inicia a súa busca de respostas, o que se acabará convertindo nunha obsesión. Interesante, como se puxo de manifesto na reunión no Liceo de Ourense de alumnado que leu o libro.

O alumnado do nos club de lectura ompartiu mesa, mantel e tertulia co alumnado de Allariz, Maceda, Ribadavia e a nosa veciñanza do IES. Lagoa de Antela.
mércores, 26 de abril de 2017
Día do libro. Eduardo Mendoza
Entre tantos movementos pillounos o día do libro coa casa a medio barrer.
Empezamos esta semana coas actividades programadas para este evento. Por exemplo: empezan a chegar os carteis que fixo o alumnado con frases alusivas ó pracer de ler.

Empezamos esta semana coas actividades programadas para este evento. Por exemplo: empezan a chegar os carteis que fixo o alumnado con frases alusivas ó pracer de ler.

E recordamos a obra de Eduardo Mendoza, con motivo da entrega do premio Cervantes.
luns, 24 de abril de 2017
Recolocámonos!
Volvemos de vacacións con ganas de traballar. O espazo de literatura xuvenil quedáranos pequeno e por iso buscámoslle acomodo noutros andeis.
Que vos parece a nova ubicación: máis céntrica, máis espazosa, máis visible. Tanto mimo para os libros que máis movementos de préstamo teñen.
![]() |
| Andeis de literatura xuvenil. |
E, xa metidas en recolocacións, conseguimos novos equipos informáticos novos do trinque e decidimos cambiarlle a ubicación. Agora toca coidalos con esmero para ter sempre un camiño aberto ás consultas na rede dentro da nosa Biblioteca.!
![]() |
| Novos equipos informáticos. |
luns, 3 de abril de 2017
Outra proposta
Aquí tedes outra proposta de lectura para o reto da editorial Galaxia.
Trátase dunha recente compra da nosa Biblioteca, por iso vos animamos a meterlle o dente a esta historia sorprendente sobre un episodio histórico totalmente esquecido: a viaxe dun nenos que foron levados a América para transportar dentro dos seus corpos a vacina da varíola. Estraño, non é?
luns, 27 de marzo de 2017
Reto lector
A editorial Galaxia proponnos un reto ben interesante: trátase de ler dous libros da editorial, coleccións Árbore, Coste Oeste ou Literaria, e animar a outras persoas a lelos.
- Como? Mediante un video de ata dous minutos, para cada un dos libros, no que contedes o contido, o que vos gustou e as razóns polas que o recomendades
- Que se valora? A claridade na exposición, o poder de persuasión e a creatividade na elaboración do video.
- Cal é o prazo? Ata o 31 de maio de 2017
- Quen se pode presentar? Estudiantes de entre 12 e 16 anos.
- Cal é o premio? Ademais do gusto de ver os vosos videos circulando polo espazo lector, podedes ganar: 1 Ipad de última xeración e lotes de libros.
Aquí tedes as bases completas. Se tedes dúbidas, preguntade ás vosas profes de lingua ou a alguén da biblioteca.
mércores, 15 de marzo de 2017
Clube de lectura
O venres, día 10 de marzo, achegouse a Xinzo Antón Riveio Coello, autor do libro A ferida do vento, última lectura do clube de lectura de profes do IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela.
Ademais, un grupo de alumnas de 2º de bacharelato uniuse ó clube e participou intensamente no coloquio sobre a obra, ambientada en Xinzo.
O acto tivo lugar no Museo do Entroido de Xinzo. Aproveitamos para recomendar encarecidamente a súa visita e, por suposto, agradecerlle a súa acollida.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)