venres, 26 de maio de 2017

Día das Letras Galegas



Este ano o día das Letras estivo máis vencellado que nunca á Limia. Por iso, o alumnado do IES Cidade de Antioquía levaba tempo traballando coa obra de Carlos Casares.




A semana das Letras Galegas foi o cumio da súa relación co escritor limiao:  a véspera do día propio  
espuxeron os seus traballos na bilblioteca e noutros espazos do centro.




A sorpresa foi que estes traballos non foron só gráficos senón tamén dóces! Seguro que podedes sentir o arrecendo!












Velaí o grupo de 1° dando conta das obras en dóce...








E, o propio día, no acto central en Xinzo, a nosa alumna e compañeira Paula Limia comezou a lectura homenaxe a Casares co Conto de verán que prologa O galo de Antioquía escrito polo seu fillo Hakan








Presentáronnos, ademais, o traballo feito polos equipos de normalización lingüística dos CEIP de Xinzo e dos IES  de Allariz, Maceda e Xinzo, que incluía este precioso e particular xogo: A Oca de Carlos Casares!







Que celebración máis boa! Parabéns as persoas participantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario