A escritora e crítica literaria boliviana, agora residente en Allariz, Lourdes Reinaga, visitou hoxe a nosa biblioteca e ofreceunos unha panorámica das escritoras e escritores latinoamericanas, con especial atención á narrativa en Bolivia.
Ó rematar esta exposición, reflexionou co alumnado sobre as motivacións da escritura, co exemplo da súa experiencia personal.
Pouco a pouco os rapaces e rapazas presentes fóronse animando a indagar na súa vida como escritora: Como te fixeches escritora? Escribiches algunha vez poesía? Por que descartaches eses poemas que escribiches? Cal é o teu autor ou autora favorita?
Finalmente, explicou en que consiste o proxecto de
Yolanda Castaño no que ela participa
Yolanda Castaño abre unha residencia literaria «para o sosego e o estímulo da creación»
A escritora quere aproveitar a súa experiencia como bolseira en distintos proxectos extranxeiros para impulsar unha iniciativa que poña a Galicia no mapa internacional (La Voz de Galicia, 22/02/2019)
Ningún comentario:
Publicar un comentario