martes, 15 de outubro de 2019

CHEGA O SAMAÍN!!!

Chegaron as choivas, o outono, as castañas... E no IES Cidade xa nos estamos preparando para o Samaín. A biblioteca será un lugar terrorífico no que pasarás momentos de auténtico terror!!!!
Para abrir boca, xa está convocado o mítico concurso de microrrelatos de terror. Propoñemos que o fagades en calquera lingua e que os ilustredes para que dean moito moito medo!!! Haberá premios para a diferentes modalidades. Mil grazas a todos os Departamentos de linguas que estades colaborando nesta iniciativa.

Todo o mundo a participar!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario