luns, 28 de xaneiro de 2019

De novo, Gabriel Tizón no Cidade de Antioquía

Hai tres anos, este fotógrafo galego contounos a súa vida a carón dos refuxiados que naquel momento estaban en todas as portadas. Daquela vendo o seu documental, Lesbos, a illa que non flota, movémonos e conmovémonos.


Hoxe, poucos xa se acordan de Lesbos ou deses outros lugares onde se amorean persoas que fuxen da miseria, das persecucións, da morte. Persoas que petan na porta do mundo "civilizado" e que non reciben resposta. Isto podémolo ver no seu traballo A frialdade de Europa. O título dío todo.
Queremos escoitalas de novo e por iso levamos días poñéndonos na súa pel por medio das fotografías de Gabriel, recollidas en dous libros da nosa biblioteca, Muros e Vidas. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario