xoves, 26 de abril de 2018

Día do libro









O luns 23 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato agasallounos cunha degustación de saborosos dóces elaborados a partires de receitas do Quijote. Que delicia!!!





Ademais a biblioteca organizou dous concursos nos que aínda podedes participar: Marcapáxinas e Á procura da obra literaria.






Tamén nos achegamos un pouquiño máis á literatura en lingua inglesa grazas aos murais que decoraban os corredores.





Que aproveite, lectoras e lectores!!!!!

mércores, 11 de abril de 2018

Outra ollada cara ás árbores

Aproveitando o lugar de privilexio que lle adicaramos á poesía na entrada do centro, decidimos sustituír os versos por troncos, follas, enerxía que flúe co seu zume....


mércores, 4 de abril de 2018

Día da Poesía



Celebramos este día sacando a un lugar ben á vista uns petiscos de poesía.

Probástela?





mércores, 28 de marzo de 2018

O IES CIDADE DE ANTIOQUÍA POLA IGUALDADE

O noso centro está convencido de que é imprescindible traballar nas aulas a igualdade de xénero. A sociedade na que vivimos está demandando que se aborde este problema tan grave no ámbito educativo. Por iso, todos os departamentos didácticos, e a biblioteca por suposto, dedicamos esforzos a organizar actos que fagan reflexionar ao noso alumnado.
A biblioteca creou un posto provisional (que se mellorará co tempo e terá máis visibilidade) no que se ubican lecturas que fomentan a igualdade. Trátase de publicacións que desde a arte, a poesía ou a filosofía reflexionan sobre a desigualdade.
Pero quizais o acto estrela neste mes de marzo foi a mesa redonda que se organizou para debatir sobre a situación da muller na sociedade actual e que se dirixiu a alumnado de segundo ciclo, bacharelato e ciclos.
ESTE CAMIÑO É LONGO. A LOITA NON PODE SER FLOR DUN DÍA. DEBEMOS SER CONSTANTES E CONSCIENTES NESTA BATALLA QUE TEMOS QUE GAÑAR ENTRE TOD@S PARA CONSTRUÍR UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA.




mércores, 7 de marzo de 2018

PREPARANDO O 8 DE MARZO

Mañá celebraremos o día da muller baixo o lema "Se nós paramos, para o mundo".
María Rosa e Douaa pasaron pola nosa biblioteca para preparar a mesa redonda que será o acto central no noso centro.
Mentres reflexionaban en voz alta sobre as súas intervencións de mañá, saíron á luz as súas experiencias como receptoras de micro e macro machismos: "así me gusta, que varras, como muller que es", "moitas mulleres non traballan para coidar as crianzas. Despois se queren separarse, non teñen traballo, seguen dependendo do home que é o que traballa".....






Mentres tanto, outro grupo acaba de colgar os carteis que farán que todo o centro se entere de que está a pasar.



sábado, 3 de febreiro de 2018

OS NENOS DA VARÍOLA: MARÍA SOLAR E A ASOCIACIÓN ISABEL ZENDAL

Que semanas tan animadas tivemos!! Foi regresar do Nadal e comezar con actividades continuadas. Fomos ver "Vida" de Rubén Riós, celebramos a semana da Paz e recibimos á escritora María Solar e aos amigos da Asociación Isabel Zendal.
De Coruña viñeron Fernando e Pilar da Asociación Isabel Zendal para explicarnos os acontecementos históricos nos que se basea a novela Os nenos da varíola, que lemos en 2.º ESO. Foi emocionante descubrir que existiron eses nenos que capitaneados polo doutor Balmis e coidados con mimo por Isabel Zendal foron capaces de levar a vacina da varíola a América.
E para rematar o círculo, o martes 30 de xaneiro recibimos a María Solar, que nos falou da novela baseada na expedición do doutor Balmis.
A actividade non puido ser máis interdisciplinar. Aprendemos de historia, de bioloxía, de medicina, de náutica e navegación, de creación literaria...
Mil grazas por nos acompañar!!!! Foi un verdadeiro pracer!!!


mércores, 31 de xaneiro de 2018

Día da Paz.

Dentro do Proxecto a favor da igualdade e en contra da violencia machista posto en marcha este curso polo Departamento de Orientación do centro, a Biblioteca colaborou de distintos xeitos.

A prensa recolleu varios días as actividades desenvolvidas nas nosas aulas e espazos comúns:

La Región

LUCHA CONTRA EL SEXISMO

El IES Cidade de Antioquía elabora un proyecto contra las actitudes sexistas

Uno de los árboles que han elaborado los alumnos del centro.

Dos nosos andeis saíron libros relacionados coa tolerancia, a loita pola igualdade, a defensa das persoas desfavorecidas, a integración das diferencias....






E o alumnado preparou manifestos para ler o día de hoxe, día da PAZ, no patio:







La Región

ACTO

El IES Antioquía reclamará la paz y la igualdad el día 31

Los alumnos y alumnas de Educación Secundaria Obligatoria del centro han elaborado en sus clases de tutoría manifiestos en contra de la violencia que leerán ese mismo día.


As Pantallas As Pantallas de Slidely by Slidely Slideshow

 Aínda non están nas nosas mans as fotos do acto. Proximamente, porémolas! 

mércores, 24 de xaneiro de 2018

NOVAS ADQUISICIÓNS

Ano novo, cousas novas.

Acabamos de comprar algúns pequenos accesorios para renovar o noso espazo: mesiñas, cestas, asentos, luces...




Agora ben, os protagonistas seguen a ser os libros!!!! Por iso, animámosvos a  correr na procura destas xoias da literatura:





xoves, 18 de xaneiro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 1º de E.S.O. elaborou preciosas postais de Nadal que amosaron na biblioteca.



As que máis gustaron foron as de:


  • Elena García Matos de 1º A
  • Uxía Taboada Estévez de 1º B
  • Hugo Rodríguez Gonçalves de 1º B.
Parabéns!

martes, 5 de decembro de 2017

MIL SOLES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Literatura Universal, que traballa acotío na nosa bibliocidade, tivo a idea de facer unha pequena curta a partir da lectura da obra Mil soles espléndidos. Este foi o resultado. Non sabemos se vos gustará ou non, pero o que si que desexamos é que vos acheguedes a esta obra marabillosa que se converteu nun faro da literatura contra o maltrato. Faravos chorar, pero merecerá a pena.

venres, 24 de novembro de 2017

A BIBLIOTECA POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO

Esta semana e a que vén dedicarémonos a fondo a traballar co noso alumnado un tema tan grave como é o da violencia de xénero. Cremos que non debe ser cousa nun día recordar as víctimas e o sufrimento de tantas mulleres. Por iso, todos os departamentos didácticos, incluída a biblioteca, puxemos en marcha un proxecto interdisciplinar que xirará en torno a esta temática.
E como xa queriamos poñernos mans á obra, nesta semana na hora de ler repartimos textos sobre o maltrato que incluían desde narrativa, xornalismo ata poesía.
Por outra banda, hoxe pola mañá montamos unha exposición de lecturas polo bo trato, e contra o maltrato. Seguro que esta exposición medrará e medrará ao longo da próxima semana.
Queda moito por facer... Pero a biblioteca está moi concienciada da necesidade de abordar este problema e de apoiar ao profesorado para dar pequenos pasos desde as aulas que nos conduzan a acabar con esta lacra social.







LECTURAS POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO by Slidely Slideshow

xoves, 23 de novembro de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





No IES Cidade de Antioquía estase a cociñar un feixe de actividades para traballar en contra desta eiva da nosa sociedade. Irémolas publicando segundo vaian saíndo!
Para ir empezando, o departamento de orientación, incluiu na páxina deste blog CONVIVECIDADE algunha das súas propostas.

Accedede a elas na pestana superior CONVIVECIDADE

mércores, 22 de novembro de 2017

NOVAS ADQUISICIÓNS

O Diario de Greg é unha lectura moi demandada na nosa biblioteca. Por ese motivo, decidiuse completar a colección cos títulos que faltaban.
Menudo éxito! Aínda estabamos a desempaquetalos, e xa estaba Xoan agardando para levar o título que lle tocaba!!!!



Tamén acaba de chegar a última e agardada novela de Pedro Feijoo, Os fillos do lume, éxito de vendas dende a súa publicación a primeiros do verán.

Outra interesante nova é o último premio GRAN ANGULAR, Siempre será diciembre, de Wendy Pavies. A primeira páxina métenos no corpo as ganas de saber máis...




mércores, 15 de novembro de 2017

RECOMENDACIÓNS DE OUTONO

Empeza a chegar o frío, e apetece quedar na casa quentiñas, acompañadas dun bo libro! Na nosa biblioteca procuramos estar á última e por iso, para estas tardes nas que CHOVEN FOLLAS DAS ÁRBORES, ofrecémosvos un best-seller nacional: PATRIA de Fernando Aramburu. Atrevédesvos?
E para relaxar un pouco, un libro doutro premio nacional, Antonio García Teijeiro, LENDO LENDAS DIGO VERSOS. Precioso título para un precioso libro! Bo outono!

venres, 10 de novembro de 2017

AS NOSAS LECTURAS DE CLUB

Pouquiño a pouco ímonos poñendo en marcha cos diferentes clubes de lectura que levamos a cabo no noso centro. Leremos Todo o tempo do mundo (D. Pérez Iglesias) no primeiro ciclo. En 4º de ESO leremos Rendición de R. Loriga e Izán o da saca (X. Quiroga). Con estas dúas últimas lecturas participaremos nas tertulias que organiza o Concello de Ourense. Por último, temos previsto estar nas tertulias organizadas polo IES de Allariz coa obra de Antón Riveiro Coello A ferida do vento. E isto só para comezar!! Porque o curso é longo e temos moitas ganas de ler!!!

domingo, 5 de novembro de 2017

XA TEMOS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAMAÍN!!!

A semana pasada foi de medo por partida dobre!! O alumnado de primeiro ciclo trouxo obxectos que espertaban terror e todo o alumnado da ESO redactou microrrelatos de medo. E na foto están os gañadores, xa co seu premio. Parabéns polo traballo ben feito e grazas a todos e a todas as que participastes.

xoves, 19 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil 2017

Estes días de comezo de curso, recibimos a boa nova de que o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil foi concedido a Antonio García Teijeiro, pola súa obra
Así comentaba un xornal a nova. Revisamos os nosos andeis e atopamos unha boa colección deste autor
Proximamente agardamos incorporar a obra premiada ós nosos fondos. Namentras, podedes ir petiscando estoutras! Bo proveito!

mércores, 18 de outubro de 2017

Premio Nobel de Literatura 2017

Toda unha sorpresa! Kazuo Ishiguro non aparecía entre os favoritos, e el mesmo declaraba que estaba a outra cousa cando o avisaron: “Estaba sentado en mi cocina, escribiendo unos mails y preparándome para una comida temprana, cuando me llamó mi agente y me dijo que creía que estaban anunciando que me habían dado el Nobel. Pero en estos tiempos de noticias falsas, no me lo creí hasta que llamó la BBC. Qué quieren, soy un tipo chapado a la antigua”, ha reconocido el autor de 62 años. “Nunca me creí un candidato. Pensaba que era algo que le pasaba a los autores viejos, y esto me ha hecho comprender que ya lo soy. Ha sido una sorpresa genuina. De haberlo imaginado, me habría lavado al menos el pelo, y no habría venido directamente de la cocina a hablar con ustedes”. (El País, 5/10/2017). A súa obra máis coñecida é
"In the summer of 1956, Stevens, a long-serving butler at Darlington Hall, decides to take a motoring trip through the West Country. The six-day excursion becomes a journey into the past of Stevens and England, a past that takes in fascism, two world wars, and an unrealised love between the butler and his housekeeper." A versión cinematográfica obtivo tamén un gran éxito, con numerosos premios e candidaturas ós Óscar.
Na nosa biblioteca non temos ningúnha obra súa que recomendarvos, pero trataremos de encher este baleiro!

mércores, 27 de setembro de 2017

Empezamos!

Abrimos as portas de Biblioantioquía con moitos folgos e algúns cambios.

Coma sempre estamos con tarefas técnicas para que todo vaia ben e agardamos ter todo listo para a semana próxima.

Seguimos coa limpeza de materiais que xa non usamos. Se sabedes de alguén que queira acoller enciclopedias, poñédeo en contacto connosco!





 E, por suposto, dándolle acubillo a novas incorporacións.