Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2026, os profes Lisardo e Roberto, dos departamentos de Xeografía e Historia e Música, respectivamete, agasállannos cunha fermosa semblanza sonora sobre a vida e a obra da autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño. A través deste podcast, achegámonos á traxectoria dunha muller comprometida coa cultura, coa lingua galega e coa defensa das voces femininas na literatura e na sociedade.
Con música, palabras e sensibilidade, este traballo convídanos a descubrir o legado dunha autora imprescindible das nosas letras. Agardamos que o desfrutedes!
Feliz Día das Letras Galegas!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario