O pasado venres, o alumnado do noso IES participou nunha lectura moi especial con motivo do Día Mundial sen Wifi, que se celebra o 8 de novembro. A actividade serviu para reflexionar sobre o uso excesivo da tecnoloxía e a importancia de atopar un equilibrio entre a vida dixital e a real.
Durante esta sesión da Hora de ler, descubrimos a orixe desta efeméride, promovida pola Federación Ambientalista Internacional no ano 2016, e comentamos curiosidades sobre o wifi: desde a súa etimoloxía ata a súa sorprendente relación coa actriz e inventora Hedy Lamarr, ou o desenvolvemento das tecnoloxías sen fíos.
- Que actividades podemos facer sen wifi?
- Seríamos capaces de pasar un día enteiro sen conexión?
- Canto tempo dedicamos ás redes sociais?
As respostas foron diversas, pero todas amosaron unha gran capacidade crítica e unha vontade de desconectar un pouco máis para volver conectar co mundo real.
Unhas reflexións moi enriquecedoras que nos recordan que, ás veces, o mellor sinal é o que se atopa fóra das pantallas.
.png)







.jpeg)