luns, 20 de xuño de 2022

E O CLUB DE LECTURA 2021-2022 CHEGOU AO SEU FINAL...

 Que lastima tan grande ter que rematar o club de lectura... Este luns a mediodía tivemos a última xuntanza na que o alumnado de 4.º de ESO e o alumnado de 1.º ESO puxeron en común as dúas últimas lecturas que foron estas.



Tras o xantar fixemos a tertulia que rematou cunha sorpresa: un agasallo de lectura para o verán, agardando que algún ou algunha de vós a propoña como lectura de club para o próximo curso. E se aínda temos tempo, o último día de clase visionaremos un documental sobre A Cidade dos Muchachos de Ourense, na que se inspira o libro de Alberto Canal, O trapecista da malla de rombos.




FELICES LECTURAS DE VERÁN!! AGARDO QUE VOS GUSTEN!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario