Hai dúas semanas o noso alumnado atravesou de novo as portas do Carlos Casares para tender unha ponte co alumnado de sexto de Primaria, que para o ano formará parte da familia do Cidade. E onte foi o turno de recibilos a elas e a eles no noso centro.
Para facelo como se merecen, Bibliocidade organizou unha exposición moi especial, na que navegamos desde Harry Potter ata Marvel, da novela ambientada na época medieval ou na Antigüidade clásica, á máis futurista.
Agardamos que vos gustase. E lembrade: as portas de Bibliocidade están sempre abertas para vós. Esperamos vervos por aquí o próximo curso para compartir lecturas e moitas experiencias máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario