25 DE NOVEMBRO
Día internacional da eliminación da violencia contra a muller
É posible que só oíras falar da República Dominicana como lugar de vacacións, que non coñezas ás irmás Mirabal e que non saibas que opoñerse á dictadura de Rafael Leónidas Trujillo no seu país fixo que acabaran os seus días nun coche no fondo dun precipicio.
Por desgracia, miles de mulleres a día de hoxe seguen asomadas a outro precipicio igual de inquietante. Por eso, no IES Cidade de Antioquía, cada 25 de Novembro damos un paso adiante e conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller para rendir o noso propio tributo a todas esas mulleres que perderon a vida e solidarizarnos con todas aquelas que sofren pola lacra do maltrato. Por eso, invitámoste a participar no concurso “Carta aberta fronte a violencia contra a muller ”.
A finalidade é que escribas unha carta a un maltratador, a esa vítima que cala, á que se rebela,, á familia que a sofre, á testemuña que pecha os ollos e segue o seu camiño... Ti elixe un destinatario e faite oír, nós seremos o teu altofalante.
BASES:
Presentar en folio blanco ou de cor, pero folio!
Extensión mínima: 25 – 30 liñas a ordenador ou a man, sempre que letra sexa lexible. Idioma: castelán ou galego.
Categorías I: 1o ESO – 2o ESO.
Categoría II: 3o ESO – 4o ESO – FPB.
Categoría III: BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL.
Data límite para participar: 23 de Novembro de 2020.
Entregar na biblioteca ou á persoa responsable da titoría do teu grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario