luns, 3 de febreiro de 2020

Concurso Odisea




Un ano máis, a nosa biblioteca participará na Odisea 2020.
O tema non pode ser máis acaído, tratándose dun ano olímpico: O deporte en Grecia e Roma. Este é un extracto da convocatoria:

A nosa Odisea 2020 vístese con prendas deportivas disposta a xogar e a competir máis que nunca, se cabe, e a coroar de oliveira aos vencedores. Estamos en 2020, ano olímpico, a Cultura clásica ponse á última moda, a actualidade alíase coas orixes clásicas dos certámenes atléticos. Nada menos que doce séculos duraron as Olimpiadas da Antigüidade desde o VIII a.C. ata o IV d.C.
Os JJOO modernos rexurdiron a finais do XIX e cumpren agora algo máis dun século; non é nada en comparación cos antigos e é moito, pois o rexurdir do clásico respírase en cada competición: o espírito olímpico, a chama de Olimpia, sobreviviu, renaceu e consolidouse en todo o mundo. E vai a máis.
Animamos aos nosos xoves Odiseos a vestirse cómodos, calzarse as súas deportivas, adestrar o seu corpo e a súa mente, quentar os seus músculos e os seus cerebros, poñer a punto os seus ordenadores, os seus libros, notas e todo o material competitivo necesario para o certamen que se aveciña, que será olímpico, ¡por Zeus!


Xa ferven as máquinas das nosas naves. A toda vela cara Ítaca





Ningún comentario:

Publicar un comentario