A semana do 30 de abril ao 3 de maio estivo cargadiña de actividade. Levabamos varios días preparando a nosa participación no Xornal escolar de Telemiño e por fin o xoves 2 de maio fíxose realidade. Guiados por Conchi, a xornalista que dirixe o programa, fixemos o noso propio espazo televisivo. Uns encargáronse da mesa de debate (para a cal tiñamos todo ben preparado), outras deron as noticias no telexornal como verdadeiras profesionais e por último outros fixemos de técnicos de cámara e rexidores. Menuda experiencia!!! Canto nos divertimos e canto aprendemos tamén!! Agora estamos á espera de vernos en acción o sábado 11 ás dúas da tarde en Telemiño. Non o perdades!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario