

A semana das Letras Galegas foi o cumio da súa relación co escritor limiao: a véspera do día propio
espuxeron os seus traballos na bilblioteca e noutros espazos do centro.

A sorpresa foi que estes traballos non foron só gráficos senón tamén dóces! Seguro que podedes sentir o arrecendo!
Velaí o grupo de 1° dando conta das obras en dóce...

E, o propio día, no acto central en Xinzo, a nosa alumna e compañeira Paula Limia comezou a lectura homenaxe a Casares co Conto de verán que prologa O galo de Antioquía escrito polo seu fillo Hakan
Presentáronnos, ademais, o traballo feito polos equipos de normalización lingüística dos CEIP de Xinzo e dos IES de Allariz, Maceda e Xinzo, que incluía este precioso e particular xogo: A Oca de Carlos Casares!
Que celebración máis boa! Parabéns as persoas participantes!









Y tú, ¿cuánto vas a tardar en matarte? é a inquietante pregunta que atopa escrita nun papel dentro do seu bolso a protagonista deste triler psicolóxico no seu primeiro día de traballo. A partir de aí, inicia a súa busca de respostas, o que se acabará convertindo nunha obsesión. Interesante, como se puxo de manifesto na reunión no Liceo de Ourense de alumnado que leu o libro.

