venres, 25 de novembro de 2016

25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero.



A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.


Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o ano pasado, o Concello de Santiago puxo en marcha a campaña de sensibilización “Compostela, en Negro”, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.


 Este ano, dezaseis concellos galegos decidiron unir os seus esforzos para desenvolver conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”.



Ademais de coñecer esta iniciativa, podemos visionar unha curtametraxe titulada “Convidados de Pedra”, obra gañadora do I Concurso de Guións contra a violencia de xénero.


   

Tamén podemos empregar este material que diseñou a profesora Mabel Ulla. Pincha na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B43qYPQSKL9ILVBqcjNiUnJxZ1U/view

TOLERANCIA CERO CONTRA A VIOLENCIA 
 
Outra pequena aportación  é este vídeo de Porta "La bella y la bestia"





Autor: CONVIVECIDADE
Fonte: http://ennegrocontraaviolencia.gal/
http://praza.gal/movementos-sociais/10594/a-capital-galega-tinguese-de-negro-contra-a-violencia-machista/
http://praza.gal/movementos-sociais/12974/quince-concellos-de-todo-signo-en-negro-contra-a-violencia-machista/

Ningún comentario:

Publicar un comentario