Co gallo do Samaín, organizamos unha pequeña exposición de fondos nos que perderse estes días.
xoves, 27 de outubro de 2022
MISTERIO, TERROR, PANTASMAS,... A BIBLIOTECA RECOMENDA
SAMAÍN NA BIBLIOCIDADE
A biblioteca xa está preparada para Samaín e para Halloween. Despois dunha entretida semana de manualidades nos recreos, a decoración do noso alumnado enche o noso espazo.
E non cabe dúbida: un ano máis a actividade estrela volve ser o concurso fotográfico. Aquí están as fotos finalistas, pero proximamente poderedes disfrutar de todos os traballos entregados.
![]() |
O xurado teno complicado...
mércores, 26 de outubro de 2022
A VIDA DA BIBLIOCIDADE
Canto botamos de menos a vida da BiblioCidade!
As consecuencias da covid para a biblioteca foron nefastas. Un ano coas portas pechadas ao alumnado porque se convertera na segunda sala de profesores. E outro máis a medio gas no que parecía que sería imposible volver encher estas mesas.
Porén, a actividade "Decora a túa biblioteca" parece estar axudando a recuperar os latexos da nosa biblio. Nada coma a creatividade, a imaxinación e as propostas para Samaín para volver á vida!
Grazas A Ana Belén Figueira, ao alumnado de 1º ESO e ás rapazas de 4º que non puideron resistir a tentación de pasar anha semana de recreos mans á obra.
TENDENDO NOVAS PONTES
Hoxe a BiblioCidade recibiu unha visita especial: o grupo de reforzo de Cruz Vermella. Intentamos mostrarlles que a nosa biblioteca é moito máis ca libros, que un libro, ademais de coñecemento, moitas veces esconde maxia, sopresa, aventura,...
E tamén xogamos. Xogamos a buscar nos vellos dicionarios en papel, actividade na que demostraron ser auténticos expertos. Xogamos a buscar libros nos andeis, despois de aprender que queren dicir os datos das etiquetas.
Sabemos que o noso espazo as veces non é moi intuitivo e pouco ten que ver coas bibliotecas dos vosos colexios, pero foi un placer abrirvos as portas. Dende o equipo desta biblio queremos darvos as gracias, mociños e mociñas, polo ben que vos portastes e porque foi marabilloso vervos disfrutar entre libros. Tedes as nosas portas abertas para cando queirades regresar.
Grazas!
luns, 24 de outubro de 2022
BIBLIOTECAS DE CINE
No marco do noso proxecto de cine, quixemos lembrar nun día coma hoxe, que no cine, nas ficcións audiovisuais tamén hai bibliotecas que encerrar grandes segredos, particulares significados. Se queres averigualos, non deixes de ver os filmes.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Dende a BiblioCidade queremos recomendar precisamente hoxe unha pequena obriña na que a lectura é protagonista.
Invitámosvos a ler os petiscos desta obra de Irene Vallejo que decorarán os accesos ás aulas e a outras salas do centro durante estes días. Disfrutade da calidade dunha autora que, aínda que faga gala dunha cultura inmensa nas súas creacións, sempre resulta cálida, amena e próxima a quen a le. Non só hai sentimento na poesía! Grazas, Irene.
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Novembro, o mes da ciencia, está a piques de chegar e a BiblioCidade quenta motores.
Mar e Puri, as profes de Física e Química preparan para vós un concurso cun premio delicioso.
Aproveita a oportunidade! Por unha vez falar ten premio!
venres, 21 de outubro de 2022
OS 20' COS CLÁSICOS DE OUTUBRO
Quen ía pensar que na Antigua Grecia xa "viaxaran" á Lúa!
Descúbreo o próximo 28 de outubro. Óscar, The Waterboys e os clásicos agárdanvos na BiblioCidade!
luns, 17 de outubro de 2022
SEGUIMOS TENDENDO PONTES
Por fin completamos unha das actividades de "Tendendo pontes" que se iniciara ao final do curso pasado.
O alumnado de 1º ESO escribiu unha carta aos que ocuparían este curso o posto "pequenos do IES" que deixaban vacante antes do verán.
Hoxe pasamos polas aulas de 1º repartimos esas cartas.
Non había para todos, pero estes rapaces e rapazas tamén saben tender ponte e demostraron que saben compartir.
Benvidos á BiblioCidade!
17 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS
Esta é a nosa homenxe ás mulleres galegas que habitan os nosos andeis e que fan - ou fixeron - da tinta e do papel unha viaxe, un soño, unha fantasía, unha profesión... Tantas emocións!
Unhas contan, outras cantan; todas inspiran.
HORA DE LER ADICADA ÁS ESCRITORAS GALEGAS
Hoxe temos motivos especiais para ler ás autoras galegas. Achégate á escolma que nos facilita PLAMBE para este día.
Escolma de textos de autoras galegas
domingo, 16 de outubro de 2022
SAMAÍN ESTÁ AQUÍ!
A BiblioCidade organiza os habituais concursos por Samaín. Vótalle unha ollada aos carteis e non esquezas que ti podes colaborar na decoración. Esperámoste entre o 17 e o 27 de outubro nos recreos para que convirtas con nós a biblioteca nun lugar terrorífico.
venres, 14 de outubro de 2022
xoves, 13 de outubro de 2022
FRIDA KAHLO: UNHA MULLER (IN)VISIBLE
Outro ano - e xa van tres - que o noso manequín toma protagonismo. Nesta ocasión iniciamos o proxecto con Frida Kahlo.
venres, 30 de setembro de 2022
20' CON ESOPO
Centro di gravità permanente, de Franco Battiato. Está foi a canción coa que Óscar Soto inaugurou as sesións mensuais de 20' con clásicos. A súa elección estaba sobradamente xustificada: as obras clásicas son ese "centro de gravidade permanente" que non podemos obviar porque a súa presenza é continua. Cantas liñas daqueles tempos son un espello da actualidade! Foron uns visionarios ou simplemente o ser humano non ten nada de orixinal?
Abrimos camiño coas Fábulas de Esopo. Lectura a lectura fomos caendo na conta de que hai aprendizaxes impagables que non valoramos como corresponde.
Apenas uns minutos e saímos da BiblioCidade con unha sensación agradable e unha chea de coñecementos.
Próxima sesión: Viaxe á Lúa con Luciono de Samosanta.
mércores, 21 de setembro de 2022
COMO LER CON ELBE
Se queres ler con ELBE, estes son os pasos que debes seguir:
Antes de nada, pasa pola
BiblioAntioquía e solicita o teu contrasinal e a túa clave.
No teu móbil, táblet, ou
ordenador, accede á tenda on line que empregues habitualmente para adquirir
aplicativos (App Store, Google Play ou similares) e introduce o seguinte: BEGA-ELBE2. Recoñecerás o aplicativo por
esta imaxe:
Unha vez descargada no
dispositivo, clica nela e introduce contrasinal e clave. O aplicativo
dirixirate a unha páxina para que engadas unha dirección de correo electrónico
e para que cambien o contrasinal.
Completada esta operación, volve
ao aplicativo e rexístrate ca nova clave (o contrasinal mantense porque é o teu
número de usuario da biblio). Aparecerá unha pantalla tal que así:
Clica na lupa, escribe o título que buscas e se hai sorte, xa podes ler con ELBE2!
É un aplicativo intuitivo e
fácil de manexar, pero se tes dúbidas ou algún problema no proceso, pasa pola
biblio e axudarémoste.
martes, 20 de setembro de 2022
A BIBLIOTECA: UN ESPAZO PARA CREAR
Abrimos o curso cunha interesante proposta destinada a explotar o lado artístico do IES Cidade de Antioquía.
Xa sabes que nas datas especiais a biblioteca vístese de festa. Agora ti podes ter un papel principal.
Gústache debuxar?
Tes talento para a decoración?
Cres que tes ideas que aportar á BiblioCidade?
Non dubides en dar un paso adiante e achegarte ao noso espazo.
Este é o teu momento!
20' COS CLÁSICOS
Inauguramos este curso unha actividade mensual de animación á lectura da man de Óscar Soto, profesor de Latín e Grego do noso IES.
O último venres de cada mes, achegaranos a un clásico e mostraranos que, por extraño que nos pareza, os clásicos foron uns adiantados ao seu tempo.
sábado, 17 de setembro de 2022
UN CURSO DE CINE
Non o sabes? Este curso ímolo pasar de cine!
Oíches falar do Festival CineCidade? Sabes que é un "Antioquiño"? Acabarás querendo un...
Seguiremos informando por aquí.
xoves, 15 de setembro de 2022
ELBE2
A BiblioAntioquía forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE) e, como tal, temos acceso a unha plataforma de lectura dixital gratuita chamada ELBE. Queres empregala para os teus momentos de lecer ou para conseguir as lecturas obrigatorias?
Pasa pola BiblioAntioquía e
dirémosche como facelo.
Se tes moitas ganas de coñecer esta plataforma, aquí tes un adianto:
mércores, 14 de setembro de 2022
NON TE CONFUNDICHES
Claro que non te confundiches, este segue sendo o blog da túa biblioteca.
Como podes comprobar, estreamos
imaxe: máis “limpa”, máis dinámica, máis moderna, máis acorde co espazo real da
BIblioAntioquía… Non si?
Aínda que a imaxe cambia, non
modificamos os obxectivos deste blog. Seguimeros informando de todo o que teña
que ver coa biblioteca e co noso centro. E non creas que esto quedará aquí,
porque a BiblioAntioquía tamén cambiará por algo o noso eslogan é…
Le, imaxina, crea… Vive a BiblioAntioquía!
luns, 12 de setembro de 2022
CLUB DE LECTURA "AO PÉ DA LETRA"
Pertences xa ao noso club de lectura?
Queres formar parte del?
É a lectura unha das actividades do teu tempo de lecer?
Pasa por Vicedirección e anótate para formar parte de "Ao pé da Letra"
BIBLIOTECAS DE AULA
Abrimos este curso recordándovos que, contades en cada clase cunha pequena biblioteca de aula da que facer uso na Hora de Ler, en gardas ou noutros momentos de lecer. Esta biblioteca de aula será revisada e renovada periodicamente. Deixamos nas vosas mans a responsabilidade de coidar e custodiar os exemplares. Agradecemos que sigades as instruccións que se detallan nos carteis se vos atrae algún título e queredes levalo á casa.
Bo curso e boas lecturas!
sábado, 10 de setembro de 2022
QUE É KOHA
venres, 9 de setembro de 2022
DE VOLTA Á BIBLIOCIDADE!
Despedimos o curso pasado xogando nunha scape room na biblioteca chea de sorpresas e con algún que outro susto.
Volvemos este 2022-2023 coa clara intención de convertir esta vosa biblioteca nun espazo aberto, creativo e cheo de actividades nas que vós, o alumnado, seredes protagonistas.
O camiño promete... Disfrutade da BiblioAntioquía!








.jpg)
.jpg)












.jpg)
.jpeg)
.jpeg)