Onte arrancou, con moitísimo éxito e no vestíbulo do IES, a V edición do Mercadiño de Libros Solidarios, organizado pola BiblioAntioquía e grazas as doazóns de todas!
No primeiro día de apertura puxéronse á venda grandes clásicos, libros de gran formato e unha morea de volumes noutros idiomas.
No recreo de hoxe foi a quenda dos thrillers e das novelas románticas, e mañá continuaremos coa literatura xuvenil, a infantil e mais o cómic.
Pero isto non remata aquí:
- Xoves: poderás conseguir os sagas máis célebres, perfectas para ti ou para agasallar.
- Venres: tiramos a casa pola fiestra con descontos 2×1.
- Martes da semana próxima: se aguantas, levas un quilo de libros por só 1 euro!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario