martes, 30 de xaneiro de 2024

UN DÍA DA ILUSTRACIÓN HISTÓRICO

Este ano o día de ilustración ofreceunos a obra duns grandes artistas: os alumnos e alumnas de 4º ESO, que fixeron este traballo con Abraham, o profe de Historia. Ilustrando a Ilustración: diferentes técnicas para representar as figuras da Ilustración.






SEN LATÍN E GREGO NON HAI...

 O alumnado de Latín e Grego do instituto, coa seu profe Óscar Soto como coordinador, elaboraron este interesante mural co que nos invitan a reflexionar sobre a importancia das linguas clásicas na nosa vida, sobre todo, no noso día a día escolar e no contexto do noso centro. Aquí tes un vídeo cortiño que reflicte o seu traballo.




BANDA DESEÑADA NA BIBLIOANTIOQUÍA

Onte, 17 de marzo,  celebrouse o día do cómic e dende a BiblioAntioquía queremos dar un paso máis e invitarte a pasar pola exposición de libros en banda deseñada. Grandes clásicos cos que aprender case de calquera tema.




LECTURAS POLA PAZ

luns, 29 de xaneiro de 2024

venres, 26 de xaneiro de 2024

NAS TERTULIAS LITERARIAS DE OURENSE

 As experiencias positivas deben repetirse; por eso, Ao pé da Letra volveu este 24 de xaneiro ásTertulias Literarias de Ourense. Desta vez, a obra que compartimos foi As alumnas de Paula Carballeira.







luns, 15 de xaneiro de 2024

OS MAIORES DO CLUBE DE LECTURA

Primeira xuntanza da sección adulta do clube de lectura Ao pé da Letra

Celebramos o inicio de 2024 compartindo pratos e relatos. Falamos sobre as nosas más recentes experiencias lectoras e acordamos un título común para a próxima xuntanza: Un amor, de Sara Mesa.

Salientamos a apertura a novas formas de lectura, como as plataformas dixitais; a repercusión da nosa Feira solidaria do Libro de Segunda Man, na que atopamos aventuras fascinantes, ou as tradicionais recomendacións. Elisabet Benavent, Edurne Portela, Roy Galán,... Poesía, novela, ensaio,... Calquera oportunidade para a lectura é un tesouro.





mércores, 10 de xaneiro de 2024

REUBICANDO SECCIÓNS

 Ao longo deste curso planificamos certos cambios nas seccións da BiblioAntioquía. Non se trata de nada desconcertante nin radical, pero estas pequenas modificacións axudan a gañar espazo.

Esta vez tocoulle aos libros pola igualdade, que  colocamos a carón da mesa de préstamos e devolucións. Así, os nosos usuarios e usuarias poderán entreter a espera botando unha ollada a estes libros.