venres, 31 de marzo de 2023

UNHA FUXIDA DIXITAL

Ao longo desta semana o noso alumnado de 1º e 2º ESO viviu unha fabulosa experiencia dixital.

Esta Escape Room Dixital é un xogo académico deseñado por profesores en activo para alumnos/as de 1º ESO (permitido 6º Primaria) e para alumnos/as de 2º ESO no que os diferentes equipos (de 3-4 participantes) deberán resolver cinco retos relacionados coas materias de Lingua Española, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Matemáticas, Música/Arte.

O obxectivo non era so pasar un rato divertido, senón demostrar as destrezas académicas dos grupos participantes: búsqueda crítica de información, recordar coñecementos, comprender e relacionar conceptos, traballo en grupo, asertividad, competencia dixital...

Foi unha actividade aberta para calquera centro educativo que quixera participar.

Para levala a cabo, os 4 grupos de 1º e 2º ESO foron pasando pola Aula de Informática (cada un no seu turno), e en equipos de 3-4 estudantes intentaron resolver os diferentes retos.

luns, 27 de marzo de 2023

SABES QUE É O STOP MOTION?

 Estes días estamos a explicar e practicar en 3º ESO unha sinxela técnica cinematográfica que o alumnado pode empregar para participar no CineCidade: o stop motion.

Que se precisa? Unha idea sobre a que traballar, un escenario, unha cámara fotográfica (ou similar) e luz constante. 

Se queres información, pasa pola BiblioAntioquía nos recreos.

martes, 21 de marzo de 2023

UN DÍA PARA ACHEGARNOS Á POESÍA

Se hai un xénero literario minoritario e, ás veces, esquecido ese é a poesía. Adooitamos ler novelas no tempo de lecer, ou ir a unha representación teatral; pero a poesía da medo. Tal vez sexa o emprego da linguaxe, as figuras literarias,... Ou tal vez sea a certeza de atopar nos versos o mundo emocional de alguén e xa sabemos que a intimidade xera certo pudor, e non digamos falar de sentimentos. O certo é que é difícil. Serías quen de describir o amor? Poderías narrar ao detalle como te sentiches ese día que fuches tan feliz?


 Deixar a alma, volcar o propio mundo interior en papel non é sinxelo. A poesía merece unha oportunidade, por eso, deixamos por aquí unhas ligazóns para que te achegues a este fantástico xénero:

A media voz

poesiacastellana.es

E non esquecemos aos grandes do noso cine, que son quen de recitar poesía ata emocionarnos:

https://youtu.be/bDsd21PwiNk

https://www.rae.es/noticia/amamos-la-poesia-proyecto-de-difusion-en-redes-sociales-de-la-poesia-en-espanol


venres, 17 de marzo de 2023

POESÍA 2.O

Este curso estamos renovando a sección de poesía. Novas voces, novas formas de ver a poesía, xente nova que crece ao abeiro das redes sociais, das novas tecnoloxías, incluso da música. Aquí tes algún dos títulos que xa fan parte dos andeis da túa biblioteca…



        


Anímate a ler poesía na semana que a conmemora!

AS MATRIOSKAS DE MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE

Este venres os alumnos e alumnas de 1º ESO recibiron unha agardada e grata visita: Marisol Ortiz de Zárate, autora de Las lágrimas de la Matrioska, novela que foi a súa primeira lectura obligatoria na súa aventura no instituto. Aínda que a organización do evento correu a cargo do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, a biblioteca tamén colaborou organizando a benvida á autora.

Desta vez quixemos recibila dunha forma diferente e unha pequena representación dos dous grupos de 1º animouse a escribir esta carta que con enorme ilusión lle leron a Marisol:

Querida Marisol:
Benvida ao noso IES Cidade de ANTIOQUÍA. Estamos moi felices de que veñas falar con nós e desexamos que pases uns intres tan agradables na nosa compaña como para repetir a experiencia.
Las lágrimas de la matrioska es el motivo de tu visita hoy, aunque en nuestra biblioteca contamos con otros de tus libros: Rebelión en Verne, La Montaña del Infierno o La canción de Shao Li, el libro que te iba a traer aquí aquel marzo de 2019 que lo cambió todo.
Queremos que sepas que Las lágrimas de la matrioska se convirtió en un paseo por nuestras emociones, pues con las secuencias más duras lo pasamos realmente mal; mientras que con aquellas en las que todo parecía arreglarse disfrutamos un montón. Con estas palabras, dejamos claro que conseguiste que la trama nos atrapara.
Y además, ¡aprendimos! Sí. Aprendimos... Aprendimos que la vida puede ser una aventura. Aprendimos que no todos los viajes salen bien. Pero al final también aprendimos que a veces, en el camino, encontramos a algún que otro valiente y a verdaderos amigos dispuestos a ayudar en los momentos más difíciles.
Ahora llega el momento de que seas tú quien nos hable y de que nos cuentes cómo tus personajes tomaron vida para desarrollar una acción tan impactante. Esperamos tus palabras y deseamos que esta no sea la última vez que nos veamos.
Gracias por estar aquí.




E despois chegou o esperado momento. Marisol Ortiz comezou un paseo pola súa Las lágrimas de la Matrioska. Ao tempo que aparecía unha nova bonequiña, a autora falaba da idea do libro, da súa inspiración, das súas intencións, das ilustracións da obra, de canto teñen da propia Marisol os personaxes e da cantidade de influencias da literatura popular e o conto que vertebran a súa novela. As Matrioskas causaron sensación e quen quixo puido marchar coa obra asinada.





Dende aquí, os nosos parabéns a Naiara, a Celia, a Zuleyma, a Iago, a Noa e a Xiana pola súa brillante intervención no acto e, por suposto, o noso eterno agradecemento a Marisol Ortiz de Zárate pola súa presenza no IES Cidade de Antioquía. Un pracer!



xoves, 16 de marzo de 2023

XOGAMOS E APRENDEMOS COA PLASTILINA

 O alumnado de 1º ESO está a estudar as civilizacións grega e romana en Xeografía e Historia, e así demostran o que aprenderon da arquitectura clásica...



Agradecemos a Abraham o agasallo de contar coa BiblioCidade para a exposición do traballo do seu alumnado.

martes, 14 de marzo de 2023

QUERIDO NÚMERO PI

 Querido número Pi:

Hoxe é o teu día! Por todo o que nos aportas, porque eres un inesquecible compañeiro nas clases de Mates, adicámosche a pizarra da entrada á BiblioAntioquía.





venres, 10 de marzo de 2023

NO MUSEO DO VIDEOXOGO

 Parte do alumnado do noso centro pasou unha intensa xornada no Museo do Videoxogo de Cangas, cunha actividade organizada polo Departamento de Inglés. Aquí deixamos a ligazón que nos fixeron chegar para que desfrutedes dun recordo en forma de foto:

https://photos.app.goo.gl/dbrAFd9tPFe6wSk16

Agardamos que pasarades un día inesquecible!

xoves, 9 de marzo de 2023

8 DE MARZO NA TÁBOA PERIÓDICA

  Este curso a táboa periódica está sendo unha das grandes protagonistas. O certo é que nela ou ao modo dela, cabe calquera mensaxe.


De novo, grazas a Mar Espinosa, profe de Física e Química e colaboradora habitual desta biblioteca.

mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Anxela, Belén e Esther, xunto cos seus rapaces e rapazas, fixeron visible o 8 de marzo polos corredores do instituto. Aquí vai unha mostra para a reflexión.








8 DE MARZO CO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA DE HISTORIA

 Unha vez máis Susana Moure, profesora de Xeografía e Historia, enche os corredores de valores e de loita pola igualdade. Aos carteis deste ano elaborados polos seus alumnos e alumnas, engadiu o recordo de aquela parede de mulleres que construiu o curso pasado.






xoves, 2 de marzo de 2023

CON CIBRÁN SANTAMARINA NO LAGOA DE ANTELA



 O Departamento de Física e Química organizou unha charla con Cibrán Santamarina para o alumnado de 4º e de bacherelato de ciencias, actividade á que foi convidado o alumnado do IES Lagoa de Antela. Tendemos pontes con veciños e pasamos uns intres moi interesantes ao abeiro da ciencia.