mércores, 26 de abril de 2017

Día do libro. Eduardo Mendoza

               Entre tantos movementos pillounos o día do libro coa casa a medio barrer.
Empezamos esta semana coas actividades programadas para este evento. Por exemplo: empezan a chegar os carteis que fixo o alumnado con frases alusivas ó pracer de ler.



































E recordamos a obra de Eduardo Mendoza, con motivo da entrega do premio Cervantes









luns, 24 de abril de 2017

Recolocámonos!

Volvemos de vacacións con ganas de traballar. O espazo de literatura xuvenil quedáranos pequeno e por iso buscámoslle acomodo noutros andeis.
Que vos parece a nova ubicación: máis céntrica, máis espazosa, máis visible. Tanto mimo para os libros que máis movementos  de  préstamo teñen.




Andeis de literatura xuvenil.



E, xa metidas en recolocacións, conseguimos novos equipos informáticos novos do trinque e decidimos cambiarlle a ubicación. Agora toca coidalos con esmero para ter sempre un camiño aberto ás consultas na rede dentro da nosa Biblioteca.!

Novos equipos informáticos.

luns, 3 de abril de 2017

Outra proposta


Aquí tedes outra proposta de lectura para o reto da editorial Galaxia.
 Trátase dunha recente compra da nosa Biblioteca, por iso vos animamos a meterlle o dente a esta historia sorprendente sobre un episodio histórico totalmente esquecido: a viaxe dun nenos que foron levados a América para transportar dentro dos seus corpos a vacina da varíola. Estraño, non é?