Xa teñen donos e son
luns, 29 de abril de 2024
venres, 26 de abril de 2024
YINCANA NA BIBLIOANTIOQUÍA
xoves, 25 de abril de 2024
50 ANOS DA REVOLUÇAO DOS CRAVOS
O alumnado de Portugués do noso instituto elaborou un impecable traballo para conmemorar o cincuenta aniversario da Revoluçao dos cravos, un percorrido variado por un feito fundamental na historia do país luso. Atoparás a exposición no taboleiro da biblioteca da entrada principal, xusto ao lado do ascensor.
E para completar esta homenaxe ao país veciño, dende a BiblioAntioquía, ofrecemos unha pequena exposición de fondo seleccionados en Portugués.
mércores, 24 de abril de 2024
PASAPALABRA LITERARIO
Repetimos concurso, pero esta vez con novidades. Aínda non participaches no pasapalabra? A que esperas? E se es profe, non te cortes! Tamén podes participar...
Deposita no buzón a túa folla de respostas antes deste venres. A próxima semana coñeceremos aos gañadores ou gañadoras.
martes, 23 de abril de 2024
MENÚS DE LECTURA PARA O DÍA DO LIBRO
Atención á oferta lectora do noso alumnado de 4º ESO!
Con este plan de alimentación lectora, desexámosvos un feliz día do libro.
CITA A CEGAS CUN LIBRO
Continuamos coa semana do libro cunha interesante proposta. Pecha os ollos ou elixe unha cor... Anímate a ter una Cita a cegas cun libro.
Feliz día do libro!
luns, 22 de abril de 2024
A VOLTAS COS CLÁSICOS NA SEMANA DO LIBRO
Hai libros que marcan, que emocionan, que ensinan, libros que non deberías deixar de ler. Pasa pola BiblioAntioquía e dalle unha volta á nosa exposición xiratoria permanente de grandes lecturas que queremos compartir contigo:
venres, 12 de abril de 2024
AÍNDA NON COÑECES ELBE2?
Lembramos a toda a comunidade educativa do IES Cidade de Antioquía que contades coa posibilidade de mergullarvos na lectura dixital coa plataforma ELBE2. Clica na seguinte liña e infórmate.
E se aínda tes dúbidas, pasa nos recreos pola BiblioAntioquía!
II CINECIDADE
mércores, 10 de abril de 2024
UNHA LECTURA INTERESANTE
Que pasaríase aos homes lles tocara vivir a vida dunha muller e a unha muller vivir a vida dun home nunha sociedade coma a nosa? Se tes curiosidade esta é a nosa proposta
E non está de máis dicir que Tais Rego, a tradutora, foi alumna do noso instituto.
É para nós un enorme orgullo ofrecervos nesta biblioteca o traballo de que aquí se formou.
Quen será o ou a seguinte?
venres, 22 de marzo de 2024
CURIOSA PUBLICIDADE!
Pechamos a semana da prensa coa reflexión do alumnado de Latín e Grego sobre a publicidade, ese sustento básico para todos os medios de comunicación. O que se evidencia con esta exposición é que non son linguas tan mortas como parece.
xoves, 21 de marzo de 2024
CHEGA A PRIMAVERA ENTRE VERSOS
Primavera e poesía chegan cada ano da man. Para celebrar este día, o alumnado de 1º e 2º ESO do IES Cidade de Antioquía xogou con versos e formas: poesía visual, versos a dous autores, poesía revelada,... convertíronse nos protagonistas das clases de Lingua Castelá e Literatura nesta xornada.
POETAS DO SÉCULO XXI
Nos últimos tempos a BiblioAntioquía vén incrementando os seus fondos en verso. Aínda que sexa un xénero minoritario, nunca está de máis sacar un oquiño para achegarse á poesía. Por iso, invitámosvos a darvos unha volta pola biblio para ver a exposición de libros de poesía do século XXI, e caeredes na conta de que hai moito de música nos versos.
Feliz día da poesía!
mércores, 20 de marzo de 2024
SEGUIMOS COA SEMANA DA PRENSA
Desta vez, a BiblioAntioquía mostra o traballo desenvolvido polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO.
A través dunha caza do tesouro chamada A volta a Europa entre xornais e deseñada pola biblio, o alumnado fixo un metódico traballo de investigación que o levou a responder a gran pregunta. Velaquí a ligazón á actividade e unha montaxe fotográfica do proceso...
A VOLTA A EUROPA ENTRE XORNAIS (Caza do tesouro)
luns, 18 de marzo de 2024
A PROL DO GALEGO
Dende principio de curso, a sección de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega veñen implementando unha campaña de difusión e apoio á lingua galega. Estes son algúns dos nosos valedores co cartel...
O MUNDO DA PRENSA. UNS PODCASTS DIFERENTES
venres, 8 de marzo de 2024
UN DÍA SIN...
Unha iniciativa máis para o 8 de marzo. Mar, profe de Física e Química, fíxolle ao seu alumnado de 4º ESO unha curiosa pregunta: Como sería un día sin... un invento dunha muller?
As respostas, en formato audiovisual, foron moi interesantes. Pronto compartiremos con vos os vídeos máis divertidos.
8 DE MARZO DE PIONEIRAS
A TÁBOA PERIÓDICA DAS MULLERES
O grupo de traballo da BiblioAntioquía, integrado por docentes de diferentes materias, organizou unha táboa periódica diferente destinada a visibilizar a labor en diferentes áreas: filósofas, literatas, deportistas, científicas,... compoñen un mural compartido no que participaron case todas a clases do instituto.
Grazas ao equipo docente pola súa implicación e ao alumnado pola eficiencia no traballo! E por suposto, o noso apoio ás mulleres que día a día contribúen a que o mundo xire doutro xeito.
xoves, 29 de febreiro de 2024
CAIXAS MISTERIOSAS
venres, 23 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA NA BIBLIOANTIOQUÍA
Hoxe, no Día de Rosalía, á árbore da BiblioAntioquía saíronlle follas novas.
E, de súpeto, volveuse o mellor espazo para facer soar a Rosalía, muller de verso e dor, de amor e sombra, de terra e loita, precursora de tanto e inspiración para tantos.
martes, 20 de febreiro de 2024
EL BOSQUE ROJO NO CLUBE DE LECTURA
Nova reunión dos membros máis novos de Ao pe da Letra. Despois da presentación de El bosque rojo pola súa autora, Sabela Álvarez Veloso, realizaron a súa lectura e este luns, 19 de febreiro, tocaba conversar sobre ela cuns doces como perfecto complemento.
venres, 16 de febreiro de 2024
UN NOVO ESPAZO PARA O XOGO
A BiblioAntioquía habilitou un novo espazo para o xogo fóra do recinto propio da biblio para favorecer o estudo dos usuarios e usuarias, sobre todo, en tempos de exames. Este novo espazo ubícase na planta principal, no corredor das aulas de informática. Se queres xogar, pasa pola biblio ou pola sala de profes e pide a chave do armario dos xogos. Eso si, non esquezas devolver o que empregues cando remate o recreo.
Agradecémosvos que deixedes as mesas e sillas igual de ordenadas que as atopades.
domingo, 11 de febreiro de 2024
O FUTURO QUE NOS AGARDA
Celebramos hoxe o Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha data para invitar á reflexión. Le e pensa no papel que ti queres desenvolver no futuro que nos agarda.
xoves, 8 de febreiro de 2024
QUE VIVA O ENTROIDO!
O alumnado de 3º ESO C adicou os días previos a Entroido a traballar a información e a imaxe para elaborar uns fantásticos carteis promocionais do Entroido de diferente localidades ourensás que ben poderías atopar en calquera parede, rede social ou local. Fantástico traballo!
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.png)





















.png)





