En liña coa nosa defensa da literatura creada por mulleres, non podiamos deixar de celebrar o día 15 de outubro, posto que esta data é a elixida para conmemorar as mulleres que se dedican á escrita. En Bibliocidade colocamos nun lugar preferente os libros de escritoras galegas actuais para que o noso alumnado as coñeza: Inma López Silva, Arantxa Portabales, Andrea Maceiras, Antía Yáñez e moitas outras "valentes" que en tempos complicados fan da literatura a súa forma de vida.
mércores, 20 de outubro de 2021
MULLERES (IN)VISIBLES: CARMEN LAFORET
Coas pilas recargadas, retomamos proxectos coma o das nosas Mulleres (in)visibles. Desta volta, queremos darlle visibilidade a unha das grandes escritoras da nosa literatura: Carmen Laforet. Esta é a nosa particular homenaxe a unha escritora que, ata o de agora, apenas tiña un oco nos libros de texto.
Para que a coñezades ben, podedes descubrir os grandes momentos da súa vida e da súa obra nunha liña do tempo que a acompaña, así como botarlle unha ollada ás súas publicacións.
Non esquezades este nome: Carmen Laforet, primeiro premio Nadal coa súa gran obra Nada. Pero tamén xornalista e autora doutras obras importantes como La mujer nueva ou Insolación.
Este 6 de setembro, Laforet tería cumprido 100 anos. O noso agasallo é esta homenaxe.
Seguro que queres coñecer moito mellor a esta extraordinaria escritora. Neste vídeo, tes un documento excepcional para achegarte á súa figura.
luns, 18 de outubro de 2021
CARMEN LAFORET, MOITO MÁIS CA NADA
Recuperamos de novo o noso proxecto Mulleres (IN)visibles para darlles protagonismo a esas mulleres que fixeron moito nos seus ámbitos, pero ás que os libros de texto non lles adican o espazo merecido. Inauguramos este curso con Carmen Laforet, unha figura imprescindible para a literatura española e mergullámonos nunha vida chea de misterios e sorpresas e nunha obra breve, pero intensa que non remata en Nada.
Aproveitamos, ademais, para homenaxear a esta figura fundamental da narrativa en castelán neste 2021 no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
venres, 15 de outubro de 2021
BIBLIOTECA 3R
A BiblioCidade formará parte neste 2021-2022 do contrato-programa EDUSOSTIBILIDADE. A idea que perseguimos é adaptar o noso espazo para facelo máis sostible. Para conseguilo, partimos das 3R: reciclar, reducir e reutilizar e, por eso, este curso as caixas de préstamos ás aulas para a Hora de Ler son estas:
Primeira R. As caixas son de cartón e de papel, polo tanto, cando deixen de ser necesarias ou se deterioren, reciclaranse.
Segunda R. A decoración das caixas está feita cun mural que adornou as paredes do centro o curso pasado. Unha nova vida para o traballo do Día da Paz dos alumnos de 1ª ESO do ano pasado!
Terceira R. Reducir, reducimos. Non fixemos máis que empregar materiais que xa estaban aquí. Non compramos nada.
mércores, 6 de outubro de 2021
POR FIN!! ESTAMOS DE VOLTA!!
Os tempos son chegados por fin!! Volvemos abrir as nosas portas á toda a comunidade educativa!! Bibliocidade volve ser o lugar de acubillo para todo o noso alumnado. Aquí podedes atopar os vosos libros de lectura, facer propostas de compra, estudar durante os recreos... Queremos que a nosa biblioteca volva ser a vosa casa. En definitiva, retomamos o pulso para latir máis forte ca nunca.
Por iso temos moitas novidades!!! Bótalle un ollo, porque de seguro que atoparás lecturas que te atraparán. E se non temos o que buscas, non dubides en solicitárnolo.
E para a Hora de Ler estamos a preparar unha caixas construídas con materiais reciclados que moi pronto terás na túa aula. Non son unhas simples caixas... Son un pequeno chanzo para lograr un mundo habitable, sostible e con futuro. Esa será unha das grandes liñas de traballo este curso na Bibliocidade.
AGARDÁMOSTE!! NON TARDES!!
martes, 22 de xuño de 2021
Non son só pedras: Coidamos o patrimonio romano da Limia
As alumnas de 4º da ESO de latín tamén partiparon no Club de Letras. Reflexionaron e traballaron sobre a importancia dos coidados na conservación do patrimonio. Este foi o resultado
luns, 21 de xuño de 2021
SE O TEU PLANETA QUERES SALVAR, A TÚA ROUPA TERÁS QUE COIDAR
Agora que chega o final do curso, comezan a verse os froitos de moitos proxectos que se viñeron desenvolvendo ao longo deste ano tan especial. É o caso de "Se o teu Planeta queres salvar, a túa roupa terás que coidar" que se levou a cabo no Club de Letras coa profesora Ana Belén Figueira. Nas aulas de inglés o alumnado reflexionou sobre o consumo responsable e sostible da roupa, espertou así a súa conciencia crítica para facer deste un mundo máis saudable e xusto. Ademais, aprenderon e aplicaron técnicas de customización para darlle unha nova vida a prendas usadas. Aquí tedes algúns dos resultados. Parabéns!!
sábado, 19 de xuño de 2021
ALOUMIÑOS PARA O MEU LEGADO: LAPBOOKS
Velaquí están os lapooks marabillosos que fixo o noso alumnado de 1.º de ESO!!! Extraordinario traballo de investigación e de creatividade!!
martes, 15 de xuño de 2021
PEDA-LEO DE VERÁN
Xa tes a túa bici? Xa tes o teu libro?
Non marches de vacacións sen os libros que non tiveches tempo de ler durante o curso. A biblioteca segue aberta e agarda as túas peticións.
Esas son as últimas adquisicións, pero se prefires que alguén che recomende unha boa lectura de verán, podes abrir a etiqueta lecturas de verán ou recomendacións deste blog.
E se queres facer unha recomendación, envíaa a bibliotecacidadeantioquia@gmail.com, ou entrégaa na biblioteca.
Bo verán
luns, 7 de xuño de 2021
Aloumiños para o meu legado: O noso Dígocho eu!
Que bo traballo fixo o alumnado de 1º da ESO!
Palabras fermosísimas do galego que están en risco de perderse: gromo, saia, agarimo, esnaquizar, luscofusco, sapoconcho....
Mirádeo de principio a fin. Hai sorpresas!!!!!
Parabéns!
martes, 1 de xuño de 2021
OBRADOIROS DE POESÍA CON MARÍA LADO
Dentro do Club de Letras, que este ano ten como temática o coidado, tivemos a sorte de contar de forma telemática coa poeta galega María Lado. Con ela reflexionamos sobre o coidado da natureza e de nós mesmos/as, activamos a nosa imaxinación e creamos poesía. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1.º ESO e de 2.º ESO. Oxalá o próximo curso as circunstancias nos permitan coñecer a María Lado en persoa!!
martes, 25 de maio de 2021
Tempo de poesía
Mario Obrero ten dezasete anos é o gañador máis novo do Premio Internacional de Poesía Loewe, na modalidade Creación Joven.
Da súa obra Peachtree City, destacou Gioconda Belli : “ un libro que con imágenes inusuales y un aliento poético que retrata la multiplicidad cultural de la globalización, consigue, con ironía y destreza, un poemario sorprendente”.
Nesta entrevista, Mario conta como empezou a escribir: unha viaxe de volta das vacacións coa súa familia, un atasco e a Nintendo sen batería, un papel, un boli e fóra, a chuvia. Xurdiu algo que quizais se poida chamar "conciencia poética". Aí comezou a escribir, aínda que, como confesa "lo de la poesía y ser del Atleti lo traigo de casa".
Escoitade a este rapaz que atopou na poesía un instrumento de comunicación. Nas súas palabras: “el poeta es alguien que no sabe qué o por qué pero sabe cómo”
En la mañana el padre limpia el jardín delantero con su soplador
mientras suenan en la televisión villancicos
recuerdo cómo los colibríes volaban en las tardes de
agosto y bebían néctar de sus comederos
fue la primera vez en dieciséis años que vi estos pájaros
pequeños como flores rojas floreciendo a las afueras de la
luz
vi docenas de armadillos y mofetas en los arcenes
vi higueras viejas y pelícanos durmiendo dentro de las
ostras
y ahora como dos compañeros en los bosquecillos de la
eternidad escribo con palabras desconocidas que salen
de mi boca como copos de polen
las dejo habitar mis sueños y caminan por la soledad con
una lámpara de aceite de ballena
y el sonido /θr/ y la palabra wood es una batata
dormitando en la tierra
digo estas palabras como un soneto gotea en la piel del
albaricoque
el poeta es alguien que no sabe qué o por qué pero sabe
cómo
el porqué puede ser mi abuela recogiendo limones de su
limonero
puede ser el sueño de una ardilla joven o el sabor de las
frambuesas cálidas.....
mércores, 5 de maio de 2021
MENOS TABACO, MÁIS SAÚDE!!
O alumnado de 2.º ESO C quere concienciarvos da importancia de non fumar. Todo son vantaxes cando non se fuma. Escoitade...
martes, 4 de maio de 2021
Medra o PEDA-LEO
Polos recunchos do instituto foron aparcando bicis de todo tipo, e nos seus ventres, nos seus cestos, pendurados dos seus manillares, levan libros, libros e máis libros.
Nalgún deses libros descubrimos que A Limia é terra de bicicletas dende que esta apareceu, fotografías de xente pedaleando, de centos de bicicletas amoreadas agardando "consulta" no obradoiro de reparación, ou de nenos e nenas de hai moitos anos disfrutando do agasallo dos Reis Magos.
Agardamos polas vosas fotografías en bici e tamén polos vosos relatos. Medra o PEDA-LEO!
martes, 27 de abril de 2021
PedaLEO
O día do libro botou a rodar este proxecto que pretende combinar o coidado do corpo e da mente, o coidado do medio, e a animación á lectura.
O eixo conector de todo isto é a BICICLETA como medio de transporte limpo, alternativo aos transportes que utilizan combustibles contaminantes e moi arraigado na comarca da Limia.
Estase a encher a nosa biblioteca de bicicletas cargadas de libros, bicicletas saúdables e motivadoras para disfrutar de dúas actividades que poden ser a imaxe do lema universal MENS SANA IN CORPORE SANO.
Organizado pola biblioteca mais o club de letras, coa colaboración da comunidade educativa.
venres, 23 de abril de 2021
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
O noso alumnado quere felicitarvos o Día do libro coas súas recomendacións literarias. Prestádelle moita atención!!
Día das Letras: Poemar o mar; Memorias dun neno labrego. 1º de ESO en acción
O alumnado de 1º de ESO, xunto coa súa profe, Asun Caneda, fixeron esta fermosa homenaxe ás nosas letras.
Bo traballo!
martes, 13 de abril de 2021
Conexión poética
María marchou do instituto no curso do confinamento, case sen podermos despedirnos como é debido. Ela e todo o grupo de 2º de bacharelato.
Xusto antes de marchar para as nosas casas, soubemos que escribía poesía e que, oh marabilla, acababa de publicar un libro. Case sen tempo para reaccionar, pensamos en compralo, lelo, compartilo.
Agora, un ano despois, témola connosco virtualmente. Xa compartiu un rato de poesía en vivo co alumnado de 1º de bacharelato. Hoxe tócalle a 2º de Bacharelato. Emocionante. Faremos crónica
Na nosa biblioteca temos varios exemplares. Bulide que marchan!
Un aperitivo:
martes, 6 de abril de 2021
Gabriel Tizón: O importante non importa
O fotógrafo Gabriel Tizón, que en dúas ocasións visitou o IES Cidade de Antioquía, publicou un novo libro que bate nas nosas conciencias xa só co título.
Para non esquecer O IMPORTANTE, en todo momento.
martes, 9 de marzo de 2021
Vós sodes as protagonistas
Moitas reflexións contra a discriminación resumidas nas frases finais de Eva: a mellor vacina contra a desigualdade, a violencia e a ignorancia é a educación.
Mentes abertas contra os prexuizos!
luns, 8 de marzo de 2021
POR TODAS AS MULLERES, LEVÁNTOME!!!
Esta é a homenaxe que Bibliocidade lle dedica a todas as mulleres neste 8 de marzo tan especial. Levántate sempre, por todas as mulleres, todos os días. Grazas ao alumnado participante, por serdes activistas e por poñer voz a este marabilloso poema de Maya Angelou.
xoves, 4 de marzo de 2021
Certame de relato breve "Todos os dereitos. Todas as mulleres. Todos os días
- Participantes O certame diríxese a todas as persoas que desexen participar, con independencia da súa idade, do seu sexo, da súa nacionalidade ou do seu lugar de residencia.
- Temática Todas as obras presentadas versarán sobre o feminismo e a súa historia, o valor da igualdade e da non discriminación por razón de sexo, a axenda pendente das mulleres, as mulleres no mundo e as mulleres que fixeron e fan historia. Non se admitirán contidos que inclúan linguaxe malsoante, alusións a terceiras persoas, mensaxes discriminatorias ou que puideran ser considerados apoloxía do odio.
- Condicións:
- Os traballos deberán ser inéditos, en galego, e non presentados, co mesmo ou con outro título, a ningún outro certame pendente de resolución.
- O estilo será narrativa, tipo relato curto, cunha extensión que non poderá superar as dúas páxinas en letra Arial de 12 puntos con interliñado normal.
- O relato deberá estar escrito con linguaxe non sexista.
- O relato non poderá levar sinatura....