Non marches de vacacións sen os libros que non tiveches tempo de ler durante o curso. A biblioteca segue aberta e agarda as túas peticións.
Esas son as últimas adquisicións, pero se prefires que alguén che recomende unha boa lectura de verán, podes abrir a etiqueta lecturas de verán ou recomendacións deste blog.
E se queres facer unha recomendación, envíaa a bibliotecacidadeantioquia@gmail.com, ou entrégaa na biblioteca.
Dentro do Club de Letras, que este ano ten como temática o coidado, tivemos a sorte de contar de forma telemática coa poeta galega María Lado. Con ela reflexionamos sobre o coidado da natureza e de nós mesmos/as, activamos a nosa imaxinación e creamos poesía. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1.º ESO e de 2.º ESO. Oxalá o próximo curso as circunstancias nos permitan coñecer a María Lado en persoa!!
Mario Obrero ten dezasete anos é o gañador máis novo do Premio Internacional de Poesía Loewe, na modalidade Creación Joven.
Da súa obra Peachtree City, destacou Gioconda Belli: “ un libro que con imágenes inusuales y un aliento poético que retrata la multiplicidad cultural de la globalización, consigue, con ironía y destreza, un poemario sorprendente”.
Nesta entrevista, Mario conta como empezou a escribir: unha viaxe de volta das vacacións coa súa familia, un atasco e a Nintendo sen batería, un papel, un boli e fóra, a chuvia. Xurdiu algo que quizais se poida chamar "conciencia poética". Aí comezou a escribir, aínda que, como confesa "lo de la poesía y ser del Atleti lo traigo de casa".
Escoitade a este rapaz que atopou na poesía un instrumento de comunicación. Nas súas palabras: “el poeta es alguien que no sabe qué o por qué pero sabe cómo”
Un petisco da súa obra, para abrir o apetito:
En la mañana el padre limpia el jardín delantero con su soplador
mientras suenan en la televisión villancicos
recuerdo cómo los colibríes volaban en las tardes de agosto y bebían néctar de sus comederos
fue la primera vez en dieciséis años que vi estos pájaros
pequeños como flores rojas floreciendo a las afueras de la luz
vi docenas de armadillos y mofetas en los arcenes
vi higueras viejas y pelícanos durmiendo dentro de las ostras
y ahora como dos compañeros en los bosquecillos de la eternidad escribo con palabras desconocidas que salen de mi boca como copos de polen
las dejo habitar mis sueños y caminan por la soledad con una lámpara de aceite de ballena
y el sonido /θr/ y la palabra wood es una batata dormitando en la tierra
digo estas palabras como un soneto gotea en la piel del albaricoque
el poeta es alguien que no sabe qué o por qué pero sabe cómo
el porqué puede ser mi abuela recogiendo limones de su limonero
puede ser el sueño de una ardilla joven o el sabor de las frambuesas cálidas.....
Polos recunchos do instituto foron aparcando bicis de todo tipo, e nos seus ventres, nos seus cestos, pendurados dos seus manillares, levan libros, libros e máis libros.
Nalgún deses libros descubrimos que A Limia é terra de bicicletas dende que esta apareceu, fotografías de xente pedaleando, de centos de bicicletas amoreadas agardando "consulta" no obradoiro de reparación, ou de nenos e nenas de hai moitos anos disfrutando do agasallo dos Reis Magos.
Agardamos polas vosas fotografías en bici e tamén polos vosos relatos. Medra o PEDA-LEO!
O día do libro botou a rodar este proxecto que pretende combinar o coidado do corpo e da mente, o coidado do medio, e a animación á lectura.
O eixo conector de todo isto é a BICICLETA como medio de transporte limpo, alternativo aos transportes que utilizan combustibles contaminantes e moi arraigado na comarca da Limia.
Estase a encher a nosa biblioteca de bicicletas cargadas de libros, bicicletas saúdables e motivadoras para disfrutar de dúas actividades que poden ser a imaxe do lema universal MENS SANA IN CORPORE SANO.
Organizado pola biblioteca mais o club de letras, coa colaboración da comunidade educativa.
María marchou do instituto no curso do confinamento, case sen podermos despedirnos como é debido. Ela e todo o grupo de 2º de bacharelato.
Xusto antes de marchar para as nosas casas, soubemos que escribía poesía e que, oh marabilla, acababa de publicar un libro. Case sen tempo para reaccionar, pensamos en compralo, lelo, compartilo.
Agora, un ano despois, témola connosco virtualmente. Xa compartiu un rato de poesía en vivo co alumnado de 1º de bacharelato. Hoxe tócalle a 2º de Bacharelato. Emocionante. Faremos crónica
Na nosa biblioteca temos varios exemplares. Bulide que marchan!
O fotógrafo Gabriel Tizón, que en dúas ocasións visitou o IES Cidade de Antioquía, publicou un novo libro que bate nas nosas conciencias xa só co título.
Lola cóntanos a súa experiencia no fútbol, "Unha chica nun equipo de chicos. Eu cambiaría..."
E Eva fálanos da presenza das mulleres no seu traballo, nun campo -a automoción-, no que a presenza feminina non era moi habitual.
Moitas reflexións contra a discriminación resumidas nas frases finais de Eva: a mellor vacina contra a desigualdade, a violencia e a ignorancia é a educación.
Esta é a homenaxe que Bibliocidade lle dedica a todas as mulleres neste 8 de marzo tan especial. Levántate sempre, por todas as mulleres, todos os días. Grazas ao alumnado participante, por serdes activistas e por poñer voz a este marabilloso poema de Maya Angelou.
I CERTAME DE RELATO BREVE“TODOS OS DEREITOS. TODAS AS MULLERES. TODOS OS DÍAS”
En conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Xinzo de Limia.
Participantes
O certame diríxese a todas as persoas que desexen participar, con independencia da súa idade, do seu sexo, da súa nacionalidade ou do seu lugar de residencia.
Temática
Todas as obras presentadas versarán sobre o feminismo e a súa historia, o valor da igualdade e da non discriminación por razón de sexo, a axenda pendente das mulleres, as mulleres no mundo e as mulleres que fixeron e fan historia. Non se admitirán contidos que inclúan linguaxe malsoante, alusións a terceiras persoas, mensaxes discriminatorias ou que puideran ser considerados apoloxía do odio.
Condicións:
Os traballos deberán ser inéditos, en galego, e non presentados, co mesmo ou con outro título, a ningún outro certame pendente de resolución.
O estilo será narrativa, tipo relato curto, cunha extensión que non poderá superar as dúas páxinas en letra Arial de 12 puntos con interliñado normal.
O relato deberá estar escrito con linguaxe non sexista.
Aínda estabamos repartindo vacinas contra o mal de amores, e chegou Rosalía, e instalouse ás nosas portas, ofrecendo pílulas poéticas sen data de caducidade!
E tras ela, chegarán mulleres poetas, medio agochadas por causa do seu xénero, que faremos visibles en corpo e obra.
Coñecedes a esta muller? No ano 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz, un recoñecemento á súa entrega á ecoloxía. Comezou con pequenas accións que poden servir de exemplo a quen, como ti, coma min, moitas veces pensamos que NON PODEMOS FACER NADA!
O alumnado do Cidade de Antioquía, coñece ben a súa historia, e elaborou esta preciosa exposición, ás portas de Biblioantioquia.
Este precioso libro, recolle a súa historia. Libros, árbores, mulleres...que bos ingredientes para este manxar!