mércores, 22 de abril de 2026

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS NA SEMANA DO LIBRO: CREATIVIDADE CON PREMIO





Non só un libro é un bo agasallo para un ávido lector. Tamén o son eses pequenos accesorios que fan da lectura unha experiencia máis persoal e especial. Por iso, na BiblioAntioquía, como ben sabemos o moito que presta crear coas nosas propias mans, organizamos no arranque da Semana do Libro un obradoiro de marcapáxinas.

Durante a actividade, a biblioteca converteuse nun auténtico espazo de creación, onde a imaxinación voou libre e cada participante puido plasmar no seu deseño os seus gustos e a súa personalidade.

Houbo marcapáxinas de todo tipo: coloridos, divertidos, elegantes… únicos, como quen os fixo. E o mellor de todo: podían quedar con eles ou empregalos como un agasallo feito con agarimo.

Ademais, o concurso segue aberto: haberá premio para os marcapáxinas máis orixinais, así que animámosvos a participar e a dar renda solta á vosa creatividade!

Un obradoiro sinxelo, pero con moito éxito de participación… e, sobre todo, de creatividade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario