xoves, 30 de maio de 2019

MOITA VIDA NA NOSA BIBLIOTECA

Cantas cousas aconteceron en Biblioantioquía nas últimas semanas. Houbo obradoiros de poesía con Carlos Negro, de expresión artística co colectivo Matrioska, de radio co alumnado de Agraria e Forestais ou de creación literaria coa nosa querida alumna de prácticas María Moreno. Enchemos o ambiente de creatividade e de ilusión, así que imos rematando o curso coa mochila ben cheíña de sentimentos positivos.
Temos a sensación de que este curso abrimos moitos camiños que seguiremos pisando, con calma e con goce, á volta das vacacións.






venres, 10 de maio de 2019

UNHA SEMANA CARGADA DE EMOCIÓNS

A semana do 30 de abril ao 3 de maio estivo cargadiña de actividade. Levabamos varios días preparando a nosa participación no Xornal escolar de Telemiño e por fin o xoves 2 de maio fíxose realidade. Guiados por Conchi, a xornalista que dirixe o programa, fixemos o noso propio espazo televisivo. Uns encargáronse da mesa de debate (para a cal tiñamos todo ben preparado), outras deron as noticias no telexornal como verdadeiras profesionais e por último outros fixemos de técnicos de cámara e rexidores. Menuda experiencia!!! Canto nos divertimos e canto aprendemos tamén!! Agora estamos á espera de vernos en acción o sábado 11 ás dúas da tarde en Telemiño. Non o perdades!!!!







domingo, 5 de maio de 2019

OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO

O alumnado do Clube de Lectura de poesía de 2º de ESO participou nesta estupenda actividade que consistiu en compoñer e recitar poemas.
Que capacidade de creación! Tentaremos publicar aquí algunhas das súas poesías.