luns, 30 de xaneiro de 2017

PONTE NOS SEUS ZAPATOS. 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ!


Millóns de persoas TEÑEN que abandonar a súa vida e os seus lugares de orixe pola violencia, a intolerancia e a fame. 


Vidas de refugiados from depori


A través de este videoxogo poderás porte nos zapatos dos seus protagonistas, atréveste?

http://www.contravientoymarea.org/ 



 E para rematar,  este trinta de xaneiro toda Castela e León unirase a través da música na loita contra a guerra de Siria. Unha canción creada por unha nena de once anos, Inés García, que pretende chegar a todos os recunchos.


  
COMO TE ATREVES A VOLVER
A FERIR CON GUERRAS
A UN PRECIOSO POBO
A PAZ SEMPRE
ME TRATABA BEN
E NON ES QUEN
PARA LEVARTE ISTO.



Máis información en:

 http://maestrosconlosninosdesiria.blogspot.com.es/

 http://entrepasillosyaulas.blogspot.com.es/2017/01/vidas-de-refugiados-tutorias-para.html

 http://www.zamora24horas.com/articulo/cultura/conoce-unirte-iniciativa-cylcantaporsiria/20170119083306139271.html

 http://cylcantaporsiria.blogspot.com.es/

 http://clasechupiguay.blogspot.com.es/2017/01/cancion-dia-de-la-paz.html

 http://www.elnortedecastilla.es/valladolid/201701/22/esta-cancion-escolar-contra-20170120205346.html


sábado, 28 de xaneiro de 2017

Premio para o noso compañeiro Marcos Fernández! Parabéns!

La Región, 27/01/2017

Xinzo fixo entrega do galardón literario infantil Carlos Casares

O gañador, Marcos Fernández, relata a historia dun neno que vive en Siria e que escapa da guerra 





Marcos Fernández estudante de 1º da ESO do Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo, recolleu onte o Primeiro Premio Literario Xuvenil Carlos Casares. O protagonista do seu relato é Samer, un rapaz de 11 anos que naceu en Damasco, a capital de Siria. "Un día estaba vendo as noticias, e saiu información da guerra de Siria", conta este pequeno escritor. "Gustoume para escribir o relato, pero é algo que me da moita pena", engade.

A historia de Samer, é unha historia que conmove e que conciencia, pero que tamén está chea de esperanza: "Samer e a súa familia escapan da guerra en busca dunha nova vida", conta Marcos.

A sensibilidade coa que este rapaz da Limia abordou a historia de Samer conmoveu aos membros do xurado deste certame: "Marcos tratou unha temática de plena actualidade, moi dura ", explica Alfonso Carlos Lois, coordinador da Casa da Cultura de Xinzo e membro do xurado do certame.

O concurso, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo, celebrouse o pasado ano co gallo do Día das Letras Galegas. Marcos foi o vencedor na categoría infantil, xa que o ano pasado aínda cursaba primaria.

Na entrega de premios, que tivo lugar en xullo, este rapaz "desperto e interesado polos temas de actualidade que o rodean", segundo destacan del algúns dos seus mestres, atopábase de viaxe cos seus pais, polo que non puido recoller o seu premio: un diploma, unha placa e un vale de 200 euros para material escolar. Dende o Concello decidiron facer un segundo acto de entrega. "Ocurríusenos que o mellor xeito de que Marcos recibise o seu galardón fose en presenza dos seus compañeiros e dos seus pais", explica Luis Miguel Gil, edil de cultura.

Uns pais que asistiron orgullosos ao evento. "Estamos moi contentos, Marcos participou con moita ilusión", sinala a súa nai.Aseguran que educan ao seu fillo na solidaridade. E é que Marcos ten un desexo:"Que todos sexamos iguais e todos teñamos o mesmo, non uns mais e outros menos".

mércores, 25 de xaneiro de 2017

PRIMEIRA ACTIVIDADE DO CLUBE DE LECTURA NO CURSO 2016-17

                                                      


O alumnado do clube de lectura do noso centro participou nunha xuntanza con outros clubes -Allariz, Viana do Bolo e Maceda-, e a autora do libro que leron no trimestre anterior: Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas. 

                                                        aqueles dias en que eramos malas-inma lopez silva-9788498657203
Tamén se achegaron ata Radio Allariz onde lles fixeron unha entrevista.
Aquí podedes ver fotos das dúas actividades:














venres, 13 de xaneiro de 2017

NADAL EN BIBLIOANTIOQUIA



Árbore de Nadal realizado polo alumnado de Ciclo Medio de Forestais.





Pechamos o primeiro trimestre con moita actividade na nosa biblioteca.
As lecturas de Nadal fixeron traballar o programa de préstamos; algunhas eran obrigatorias pero tamén houbo quen aproveitou para buscar lecturas que entretivesen as horas mortas das vacacións.
a ferida do vento-anton riveiro coello-9788498657357Ademais o profesorado iniciou o seu clube de lectura co novo libro dun dos escritores locais de máis éxito: Antón Riveiro Coello.















A última exposición do ano tivo como tema "O Nadal no mundo". Os departamentos de linguas incitaron ó alumnado a explicar como se celebran estas datas no seu entorno. Contribuíron tamén as profesoras visitantes Lina e Henriquette contándonos as tradicións en Francia e Inglaterra respectivamente.
Algunhas fotos da expo: