Amosando publicacións coa etiqueta prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prensa. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de novembro de 2019

Recoñecementos ao noso alumnado



A semana pasada chegáronnos dúas fermosas sorpresas: Adrián Ramos resultou premiado na modalidade de música, na Cidade da Cultura, no encontro da mocidade. Recolle a nova O Correo galego




E tamén, o grupo de alumnos de 2º e 1º de Bacharelato que participaba no concurso de debate económico, acadaron o segundo posto, nunha apretadísima final, que os deixou fóra da fase nacional por tan só un punto de diferencia co equipo gañadar, do colexio Franciscanas de Ourense.
Recolle a nova La Voz de Galicia.



martes, 4 de xuño de 2019

Xornalistas en Telemiño

Xa podedes ver a participación do IES Cidade de Antioquía na televisión! Parabéns! 
Cámara, acción!



 



 

venres, 9 de xuño de 2017

"Actores desde el babero hasta la facultad"

Así titulaba La Voz de Galicia o seu artigo sobre o grupo de teatro Aneis de Xinzo de Limia.
Varias das nosas alumnas que remataron este ano 2º de Bacharelato, forman parte deste grupo dende pequeniñas.
Neste precioso artigo, o xornal fai un repaso da súa traxectoria agora que as actrices van voar máis lonxe.

Algunha das súas obras representouse no noso centro con grande éxito.
Recordades a Lidia, Sabela, Jésicas. Ana... pescudando quen era o/a asesino/-a?

Facede memoria

Biblioantioquia deséxavos moitos éxitos e moita felicidade nos vosos proxectos futuros!

luns, 7 de novembro de 2016

Allariz, Xinzo e Ambía: un proxecto colaborativo de bibliotecas escolares. La Voz de Galicia

O pasado 2 de novembro, La Voz de Galicia adicoulle unha páxina enteira a este proxecto no que o noso IES está inmerso. Nunha das fotografías aparecen dúas das nosas compañeiras participando nunha das actividades.



Ademais, María Garrido, a nosa incansable responsable da Biblioteca do IES Cidade de Antioquía, foi entrevistada a fondo como impulsora do proxecto.



Parabéns!