xoves, 22 de decembro de 2022

FINAL DO CALENDARIO DE ADVENTO

 E chegamos á última pregunta...


Depositadas as follas de participación no buzón de Nadal, procedemos á revisión de respostas e ao sorteo dos premios entre os máximos acertantes.

Velaquí os nosos gañadores...

                          

3º ESO A: PREMIO Á DECORACIÓN E AMBIENTE DE NADAL

 Velaquí os gañadores da clase mellor decorada.



E parabéns a 1º Bac B, que recurriron a sustentabilidade para a súa decoración, aínda que chegaran tarde ao concurso.


EXPOSICIÓN DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL E PAISAXES DE INVERNO

Este ano fixéronse esperar, pero aquí están.

Parabéns para a Xiana e Aroa, alumnas de 1ª ESO, gañadoras deste certame. 



mércores, 21 de decembro de 2022

E AS AULAS TAMÉN SE ENCHERON DE NADAL...

 

Non faltaron árbores, luces, reciclaxe decorativo, creatividade, amigos invisibles e, por suposto, como bos limiaos e limiás, houbo ata disfraces.





 



martes, 20 de decembro de 2022

UNHA FELICITACIÓN DIFERENTE

 O Departamento de Física e Química felicítanos o Nadal dunha forma diferente e en varios idiomas.




Bo Nadal para toda a comunidade educativa e especialmente para o alumnado de Mar que fixo posible este mural. 

luns, 19 de decembro de 2022

GRAZAS!


Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa implicación coa II Feira solidaria do libro de segunda man. O ano pasado, a doazón á Cruz Vermella foi de case 200 euros, pero este ano supámonsos: 

290 euros!

Transmitimos dende a BiblioCidade a ledicia e gratitude do Banco de Alimentos de Ourense, que xa confirmou a recepción do ingreso. Aínda que nos deron a total liberdade de facer unha transferencia ou unha compra, decidímonos pola primeira opción porque, nestas datas, hai moitas doazóns de productos aos que lles deben dar saída obrigatoriamente. Porén, hai meses nos que a solidaridade descende e escasean as existencias, así que nós contribuiremos a que, cando falte algo no almacén, podan adquirilo.


E preparádevos, porque haberá III Feira solidaria do libro de segunda man. Xa estamos traballando para ela.


O NADAL CHEGA Á BIBLIOCIDADE

 O sorteo da Lotería, turrón, familia, vacacións,... O Nadal chega tamén á nosa biblioteca.




    

Este ano temos un invitado moi especial... Recoñécelo?



XA SE RESPIRA NADAL NO CIDADE DE ANTIOQUÍA

 



mércores, 7 de decembro de 2022

CORRE QUE SE ACABAN!

 Só queda hoxe e o venres.

Últimos días da II Feira solidaria do libro de segunda man. Aproveita as ofertas e promoción de peche. 



venres, 2 de decembro de 2022

ALGARIA NO CIDADE DE ANTIOQUÍA

 A Asociación de persoas con discapacidade d’A Limia “Algaria” fixo unha visita ao noso IES para explicarnos a importancia de integrar ás persoas con discapacidade na sociedade, porque, por desgraza, en pleno século XXI, aínda existen demasiadas barreiras, e non só arquitectónicas.

Pero esto foi moito máis ca unha simple conferencia, pois o alumnado achegouse á linguaxe signada e ata a practicou.

Dende logo, foi unha actividade para aprender e para crecer como persoas.





CAMIÑO A FRANCIA

 Aínda non tes participación para o sorteo desta estupenda cesta de Nadal? Non pasaches polo mercadiño de segunda man?


Colabora co alumnado de Francés para o intercambio.

NON FALTES Á NOSA CITA

Aínda non pasaches pola Feira solidaria do libro de segunda man? Nos te despistes, que as oportunidades voan!

Libros a 1, 2 e 3 euros!

Novidades todos os días!

Estamos na porta de biblio. E despois da ponte, seguiremos aquí.




xoves, 1 de decembro de 2022

CONCURSOS DE NADAL


 

UN NOVO CONCURSO PARA DECEMBRO

Seguro que, nalgún momento, vencellados aos decembros da túa infancia, coñeciches eses almanaques que ocultan doces, chocolates... nas lapelas de cada día do mes. Son os calendarios de Advento. Este decembro invitámoste a completar o teu propio almanaque de Advento respondendo a unha pregunta cada día.

Recolle a túa folla de participación e presta atención á pizarra blanca que está na entrada da BiblioCidade. 

 

Anímate a demostrar que es ti quen máis sabe do Nadal!

luns, 28 de novembro de 2022

PREPARADOS, LISTOS, XA!

Clásicos, manga, xogos, puzles, pendientes, cómic, lotes de libros, literatura infantil, xuvenil,…Todo preparado para que a próxima semana sexa a máis solidaria do curso.


A beneficio do Banco de Alimentos de Ourense.

POR QUE UNHA FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN?

O ano pasado puxemos en marcha unha iniciativa solidaria que pretendemos que dure moitos cursos. Trátase da  Feira solidaria do Libro de segunda man. O curso pasado adicamos a recaudación aos nenos e nenas refuxiados de Ucraína (vía Cruz Vermella) e o presente curso decidimos que sexa o Banco de Alimentos de Ourense o que reciba a nosa aportación.

A actividade arranca hoxe e rematará o 9 de decembro. Xa sabedes que nos centramos na venta de libros aos membros da comunidade educativa a 1 e 2 euros. Os mencionados libros proceden de doazóns por parte do profesorado e alumnado do centro; ademais, contamos coa colaboración especial do Departamento de Inglés, que fixo varias compras de libros de segunda man que vendemos por debaixo do seu prezo, pois a fin non é lucrarse, senón aprender valores que nos aproximen ao coñecemento dos ODS que promove a Axenda 2030. Estes libros de segunda man que se compran proceden dunha ONG tamén solidaria, libros.madrecoraje.org, de modo que o noso proxecto solidario é dobre. 

A maiores esta vez, teremos días temáticos: o día das triloxías, o día da cita a cegas cos libros, o día dos complementos,...

E por que facemos todo esto? Por un sinxelo motivo: porque somos privilexiados e sería unha mágoa que dende a nosa posición non fixeramos nada. As veces doamos libros, outras doamos e compramos, outras só compramos; a forma de participar neste evento é o de menos, o importante é ser parte dun movemento solidario escolar que, sobre todo, educa en valores.

Pasade e botade unha ollada ao noso compromiso cos demais e co futuro. Estamos na porta de biblioteca. 

venres, 25 de novembro de 2022

UN AGASALLO VIOLETA

 A BiblioCidade celebrou este 25 de Novembro agasallando ao alumnado con bandas violetas, unha forma de mostrar cos nosos pulsos que no IES Cidade de Antioquía estamos no camiño. Voaron!



Moitas grazas, Celsa, pola túa colaboración para facer chegar o agasallo!

mércores, 23 de novembro de 2022

MULLERES DE CINE


Nun ano que queremos adicar ao cine, non podía faltar neste día a homenaxe a aquelas mulleres que, dende as súas obras ou dende as porpias vivencias personais, reivindicaron o dereito das mulleres a ser tratadas con respecto e en igualdade. Alegatos contra a violencia de xénero, testemuñas doutras época, proxectos de futuro, mulleres adiantas aos seus tempos,

... aparecen neses libros que despois alguén levou ao cine. 

Durante os próximos meses, os nosos corredores serán un mural á sua obra e ao cine.


martes, 22 de novembro de 2022

22 DE NOVEMBRO - SANTA ICÍA

 Esta semana celebramos o día da música. Nun centro tan musical coma o noso non podía faltar un concurso. 

A que esperas para xogar coas melodías e as letras?








luns, 21 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

 Iniciamos a semana para a eliminación da violencia contra as mulleres. 

Coma cada ano, Susana Moure, profesora de Xeografía e Historia, e o seu alumnado renden homenaxe a todas esas mulleres que neste 2022 perderon a vida pola violencia de xénero. 

Ademais, deseñaron unha chea de carteis nos que reivindican o papel da muller na sociedade, a súa liberdade, os seus dereitos e a educación como medio para acadar a igualdade.


Este venres, na BiblioCidade, regalamos pulseras violeta e convidámosvos un curso máis a vestir unha prenda desta cor. 

Non esquezades que algunhas das profesoras do centro teñen preparada unha actividade especial o mesmo venres ás 10:50. 

Desta vez, deixaremos o corazón e quedaranos pegada.



MÚSICA DE CINE

Na semana de Santa Icía traemos unha interesante proposta para ti. Reflexiona sobre todos esos valores que nos aporta a música, sobre eses recordos que temos vencellados a unha canción, sobre esa marea de sentimentos que nos afoga cando nos sumerximos nas ondas dunha melodía, duns versos,... 

E o cine? Que importante é a música no cine! Quen non recoñece a banda sonora Piratas del Caribe? Que sería de Grease, de Love Story, de La La Land sen música? Inquedaríanos tanto a escena da ducha de Psicose sen eses acordes repetitivos?

Aquí deixamos unha ligazón por se queres disfrutar das mellores bandas sonoras de cine da historia.

100 BANDAS SONORAS DE PELICULAS - YouTube



mércores, 16 de novembro de 2022

TRABALLAMOS POLA TOLERANCIA


Cando chega o mes de novembro e organizamos actividades dende a biblioteca, a primeira data para a educación en valores que salta á vista é o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Porén, este ano, Ana Belén Figueira , profe de Inglés e membro do equipo da biblioteca, propuxo incluír no almanaque de dinamización o 16 de novembro, Día internacional da Tolerancia. O seu obxectivo era concienciar ao noso alumnado de que a diversidade é unha realidade na nosa sociedade, pero tamén no noso centro, e debemos aprender a convivir cos demais respectando sempre a súa forma de vivir, de pensar, de sentir. 
Por eso, o alumnado de 1º ESO, 2º ESO e FPB asistiu este mércores, 16 de novembro, a unha charla sobre a identidade de xénero e a diversidade afectivo sexual na que se lles deron a coñecer conceptos coma transxénero, xénero fluído, non binario,...; puideron aprender a diferencia entre xénero e sexo, que os estereotipos só son eso, estereotipos, e que a vida vai moito máis aló de nacer home ou muller.




Mil grazas, Ana Belén! Polo esforzo, polo traballo realizado, por compartir con nós tantas cousas que nos fan medrar.

martes, 15 de novembro de 2022

BIBLIOTECA MULTICOR

Decoramos a entrada da biblioteca con motivos multicores en apoio á tolerancia ante as diversas eleccións afectivo-sexuais.

Dende agora contarás na biblio cun marabilloso buzón no que recopilaremos experiencias nas que a tolerancia sexa a protagonista. Coñeces a alguén que non se atreve a manifestarse tal cal é por medo? Que lle dirías? O comportamento dalgún coñecido espertou a túa admiración pola súa seguridade ao mostrarse diferente? 

Comparte con nós as túas vivencias!

QUE NON NOS FALTE ESTA DATA



Albert Einstein afirmaba que era máis sinxelo desintegrar un átomo ca un prexuicio, e case 70 anos despois do seu pasamento, a súa reflexión segue a estar cargada de verdade. 
Primeiro Mundo. 2022. Democracia. Liberdade. Dereitos humanos garantidos. Cantos logros acadados e  cantos camiños iniciados cara unha sociedade mellor... Pero aínda así temos que escoitar afirmacións que só acoubillan odio e prexuicios. 
Dende aquí o noso gran de area para seguir avanzando na tolerancia, porque é preciso que o noso alumnado saiba que, como dicía o Dalai Lama, "Cando entendas que hai outra forma de ver as cousas, entenderás o significado da palabra tolerancia".

E ti? Es tolerante?