xoves, 25 de novembro de 2021

O DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

         Ao longo destes últimos días vimos como as paredes do noso IES se cubrían de fotos, de carteis, de palabras coas que mostrar un ano máis o noso apoio á loita para a eliminación da violencia contra as mulleres.

        O alumnado de Xeografía e Historia de Susana Moure compartiu con nós un especial recordo para todas esas mulleres que perderon a vida este ano a causa da violencia de xénero: cadeiras que ninguén ocupará máis, ese foi o símbolo deste ano. Tamén compartiron a súa reflexión para a concienciación sobre diferentes formas de exercer violencia sobre as mulleres. A BiblioCidade fixo a súa pequena aportación colgando sobre a exposición o eslogan que eleximos para este 2021.


        Belén Figueira, profesora de Inglés, encargouse de organizar a exposición "Rompendo prexuízos", porque ás veces é preciso lembrar que os verbos non teñen xénero. O seu alumnado aportou as fotos:



Dende a BiblioCidade ofrecemos diferentes propostas para esta data: exposición e lectura de textos que invitan a reflexionar sobre a violencia de xénero, exposición de fondos con temática relativa a esta data; reparto de bandas moradas, creación conxunta dun lazo morado na alambrada do centro,...



MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

Este é o manifesto que elaborou o alumnado de 1ºESO A para conmemorar o 25 de novembro. Grazas a esta xuventude tan concienciada e a María Xosé Fernández, profesora de Lingua Castelá e Literatura, que actuou coma guía para artellar un texto tan bonito e cheo de verdade.


MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Querer é coidar e protexer,

sen controlar, sen manipular,

sen sentirse dono de ninguén.

Querer é estar nos momentos difíciles

Sen esperar nada a cambio.

Querer a alguén é respectar,

Escoitar e apoiar, sen xulgar.

Querer é dar acoubillo e aloumiñar.

Amar a alguén é conseguir que se sinta libre,

deixar que tome as súas decisión,

que teña o seu propio espazo sen invadilo.

Amar a alguén é ser un compañeiro de vida,

Facer que a outra persoa se sinta querida.

Isto é AMOR, quen o probou, sábeo.

A obsesión, os celos, os insultos, os golpes

NON SON AMOR

 

25 de Novembro

En pé contra a violencia de xénero.

IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

1º ESO A


mércores, 10 de novembro de 2021

QUE FACEMOS OS PROFES COS VOSOS EXAMES?

Sinto decepcionarvos, pero non, non gardamos para sempre os vosos exames. Pasados os dous anos de custodia obrigada, desfacémonos deles. 

Porén, ás veces, sacámoslle moito partido. Por exemplo, na biblioteca aproveitamos os folios que non se completan, esos nos que escribides dúas liñas ou que apenas cubrides e convertímolos en notas. Esta é a mostra...


Por certo, o portanotas tamén é un "traballo de aproveitamento". Para facelo empregamos parte dunha caixa vella e restos de vinilo adhesivo que sobrara doutras actividades.