mércores, 21 de xuño de 2017

Recomendacións para o verán

Achéganse as vacacións; é o momento de aproveitar para disfrutar deses libros que non tivemos tempo de ler durante o curso.
Biblioantioquía está chea de posibilidades para encher a  túa mochila. Podedes acceder a recomendacións doutros veráns a través da etiqueta "lecturas de verán".

En primeiro lugar, deixámonos levar polas recomendacións de LA VOZ DE LA ESCUELA.


LIBROS DE NATUREZA






















 O tema non pode ser máis interesante e moitos deles agárdante nos nosos andeis. Imos ir enchendo o cesto das recomendacións que nos cheguen.






E, por que non un clásico grego ou latino?



Bo proveito e bo verán!



mércores, 14 de xuño de 2017

Certame literario: Falando de solidariedade


Xa levamos anos colaborando e participando neste certame organizado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía. 




Desta volta o noso alumnado presentou traballos de fotografía relacionados co tema proposto para esta ocasión: Solidariedade co medio ambiente.
Tratouse dunha xornada moi alegre e participativa na que puideron ver os medios empregados para a protección do medio ambiente, conferencias e por suposto a entrega de premios.




















Obtiveron o 1º premio e o finalista na categoría de Fot -denuncia Iria Rodríguez e Diego Domínguez respectivamente, ambos alumnos de 1º E.S.O. Parabéns!!!!














luns, 12 de xuño de 2017

Concurso de microrrelatos: “Cheguei a casa. Metín a chave na pechadura, abrín a porta e...”

Para seguirmos fomentando a creación do noso alumnado, a Biblioantioquia e os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá convocaron un pequeno concurso para o alumnado de ensinanza secundaria.

Tratábase da creación dun microrrelato a partir dun comezo idéntico: 

Cheguei a casa. Metín a chave na pechadura, abrín a porta e...”

A partir desta idea deuse paso á imaxinación do noso alumnado e houbo dende terror ata sobremesas...   Diferentes e orixinais abordaxes á creación literaria que obtivo o seu priemio.
Recibiu así premios e mencións especiais o almnado de 1º a 3º E.S.O., quedando deserta a categoría de 4º.

As nosas alumnas, porque neste caso foron todas mulleres, agradeceron o premio ao seu esforzo. 


1º E.S.O.:  L. Valeria Gutiérrez; finalista Carla Bolaño
2º E.S.O.:  premiada Elia Ana; finalista María Gómez
3º E.S.O.:   Bárbara Feijoo;  finalista María Rodríguez








venres, 9 de xuño de 2017

"Actores desde el babero hasta la facultad"

Así titulaba La Voz de Galicia o seu artigo sobre o grupo de teatro Aneis de Xinzo de Limia.
Varias das nosas alumnas que remataron este ano 2º de Bacharelato, forman parte deste grupo dende pequeniñas.
Neste precioso artigo, o xornal fai un repaso da súa traxectoria agora que as actrices van voar máis lonxe.

Algunha das súas obras representouse no noso centro con grande éxito.
Recordades a Lidia, Sabela, Jésicas. Ana... pescudando quen era o/a asesino/-a?

Facede memoria

Biblioantioquia deséxavos moitos éxitos e moita felicidade nos vosos proxectos futuros!

mércores, 7 de xuño de 2017

Parabéns, Alba

A alumna do noso centro, Alba Domínguez, foi a gañadora do certame de relato curto, Jóvenes talentos de Coca-cola. Aquí tedes a entrevista publicada en La Región.

Grazas, Alba, por escoller a nosa biblioteca para retratarte! Que mellor escenario para celebrar un premio literario!


Alba Domínguez: "Las mujeres debemos luchar para que nos tengan respeto, no dejarnos pisar"

Alba Domínguez es la estudiante limiana de 14 años, que se alzó con el primer premio de Ourense en la categoría de relato corto del concurso Jóvenes Talentos de Coca Cola. Aficionada a la escritura desde los 7 años, su historia convenció a los jueces del certamen
Foto, La Región, 04/06/2017

luns, 5 de xuño de 2017

El escritor Juan Goytisolo muere a los 84 años en Marruecos | Cultura




Isto é o que temos de Juan Goytisolo nos nosos andeis:



Pero, Juan Goytisolo ten unha amplísima produción literaria:

juan sin tierra (ebook)-juan goytisolo-9788415858201duelo en el paraíso (ebook)-juan goytisolo-9788492589432campos de níjar (ebook)-juan goytisolo-9788492589104don julián (ebook)-juan goytisolo-9788415858195la chanca (ebook)-juan goytisolo-9788492589944



E moitos premios:



Pouco antes de recibir o premio Cervantes, deixou depositado na axencia Balcells un libro inédito, coa orde de publicalo 10 anos despois da súa morte. Hai que agardar!


S.T.T.L.