martes, 22 de decembro de 2020

ISO QUE VÓS NOS DADES. MIL GRAZAS.


É 21 de decembro. Pensabamos hai uns meses que non poderiamos chegar ata aquí. E conseguímolo entre tod@s. Pero, sobre todo, lográmolo porque o noso alumnado foi un exemplo de responsabilidade e de civismo. Por iso queremos agradecervos o voso comportamento impecable. Fomos un GRAN EQUIPO e seguirémolo sendo, sempre, para loitar contra calquera adversidade.
Estamos orgullosos de vós. E así volo queremos agradecer. Cun vídeo moi divertido, que fixemos pensando en VÓS para darvos as grazas de todo corazón por devolvernos a esperanza. Sodes marabillosos e marabillosas, O MELLOR ALUMNADO DO MUNDO.

venres, 18 de decembro de 2020

En tinta negra. Premio do I Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual

En tinta negra
—Completa as seguintes oracións empregando a forma correcta de “ca”, “cá” ou “que a”.
A voz da profesora de galego escóitase con claridade en toda a aula. Retiro a tapa do meu bolígrafo azul e escribo o número do exercicio nunha esquina do caderno, trazando un círculo ao seu redor.
—Xiana, por favor, le o primeiro apartado e complétao ti xa.
Cando escoito o meu nome escorrerse entre os seus beizos, aclaro a gorxa para falar e busco coa ollada o texto que teño que ler. Collo aire e pronuncio as palabras que veñen escritas en tinta negra no libro de texto de primeiro de bacharelato.
—A moza de Laura é máis alta ca ela.
A mestra indícame que a resolución do exercicio é correcta e avanza coa seguinte oración, pero eu quedo parada mentres as súas palabras se esvaecen nos meus oídos.
Volvo recorrer coa mirada a liña que acabo de ler en voz alta. Repásoa unha e outra vez, co temor de que nesta ocasión as letras cambiasen de posición. Pero seguen aí. Exactamente iguais. A moza de Laura. Non podo evitar que se me escape un sorriso. Porque está escrito. Por primeira vez está escrito no meu libro do instituto. Acaricio suavemente a banda de tea de cores que descansa arredor do meu pulso e volvo prestar atención á clase, aínda saboreando na punta da lingua a sensación de que cada vez chegamos máis lonxe.

Alma Alonso

I Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual 
Xov, 24/09/2020 - 10:39 
logo

O xornal Nós Diario, en colaboración coas asociacións Arelas, Avante LGTBI+ Lugo e Sete Outeiros, e mais a Rede Museística Provincial de Lugo, convocan o I Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual. Poderán cursos todas as persoas maiores de idade e as persoas menores de idade con autorización expresa de quen posúa a súa custodia legal.

Pódense consultar aquí as bases da convocatoria.

luns, 7 de decembro de 2020

ES CONSCIENTE DOS RESIDUOS QUE PRODUCIMOS CADA DÍA?


 Todos os días xeramos moitísimos residuos, pero non somos conscientes de enorme cantidade que supoñen e do que contaminan no medio ambiente. Para visibilizar este problema, desde o Departamento de Física e Química levamos a cabo unha actividade de concienciación que se enmarcou dentro da Semana Europea da Prevención de Residuos. Podedes ver os resultados no documento PDF que se adxunta. Ídevos sorprender!!! 




GRAN CONCURSO DE NADAL 2020!!!

 


martes, 1 de decembro de 2020

Aí vén o Nadal!





 Como cada ano, o departamento de Plástica coa axuda do de Inglés e o apoio da Biblioteca, presenta o tradicional concurso de POSTAIS.

Aquí tes as bases: 

  • Técnica libre
  • Tamaño: 1/2 folio A5
  • Data de entrega: antes do 17 de decembro
  • Lugar: buzón de Nadal á porta da Biblioteca
Bota a voar o teu maxín e deseña a túa postal! 


martes, 24 de novembro de 2020

BIBLIOANTIOQUIA CONTRA A VIOLENCIA

 Vanse enchendo os nosos espazos de achegas en linguas diversas, con sentires diversos, con perspectivas diversas. Todas cunha meta común: construír unha parede na que topen as actitudes violentas.









mércores, 18 de novembro de 2020

Día mundial diante da violencia contra a muller

 








25 DE NOVEMBRO

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

É posible que só oíras falar da República Dominicana como lugar de vacacións, que non coñezas ás irmás Mirabal e que non saibas que opoñerse á dictadura de Rafael Leónidas Trujillo no seu país fixo que acabaran os seus días nun coche no fondo dun precipicio.

Por desgracia, miles de mulleres a día de hoxe seguen asomadas a outro precipicio igual de inquietante. Por eso, no IES Cidade de Antioquía, cada 25 de Novembro damos un paso adiante e conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller para rendir o noso propio tributo a todas esas mulleres que perderon a vida e solidarizarnos con todas aquelas que sofren pola lacra do maltrato. Por eso, invitámoste a participar no concurso “Carta aberta fronte a violencia contra a muller ”.

A finalidade é que escribas unha carta a un maltratador, a esa vítima que cala, á que se rebela,, á familia que a sofre, á testemuña que pecha os ollos e segue o seu camiño... Ti elixe un destinatario e faite oír, nós seremos o teu altofalante.

BASES:
Presentar en folio blanco ou de cor, pero folio!
Extensión mínima: 25 
– 30 liñas a ordenador ou a man, sempre que letra sexa lexible. Idioma: castelán ou galego.

Categorías I: 1o ESO – 2o ESO.
Categoría II: 3o ESO 
– 4o ESO – FPB.
Categoría III: BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL.

Data límite para participar: 23 de Novembro de 2020.
Entregar na biblioteca ou á persoa responsable da titoría do teu grupo.


Relatos terrroríficos III


LE REFLET

Au sommet de la grande colline de la ville se trouvait une petite maison principalement herbeuse. Tous les habitants avarent peur de s’approcher parce que chaque nuit de plen lune, on  puvait voir le reflet d’une fille dans le seule fênetre de la maison.

Comme ils en avaient assez d’avoir peur a passer par là, les voisins ont décidé de se réunir pour que quelqu’un ose y aller. Le fils du maire, que voulait parâtre courageux, s’est porté volontaire.

Il est parti de nuit et a promis de revenir le lendemain. Comme prévu, il ne s’est pas présenté et au bout de quatre semaines, les voisins se sont  de nouveau réunis le jour de la pleine lune pour observer la fênetre de la sombre maison.

Ce qu’ils ont vu les a choque’s, car le reflet qu’ils ont vu cette fois n’était pas celui de la fille mais celui du fils du maire, Peut-être que la maison était hantée…

Carla Bolaño Sotelo, 1º Bacharelato B




May and Lisa were two girls, they were veste Friends, but one day, they got very angry, three months later May died, Lisa was very sad because she loved May and couldn’t say goodbye.

Al nights Lisa had nightmares with May. The first Halloween without May Lisa had a nightmare, but the nightmare was different…

Lisa dreamed that she and May were playing with a doll, the doll was old and creepy, in the dream May said: “I will always be with you” and Lisa was silent, suddenly Lisa wake up to a loud noise, it looks like something had fallen, but Lisa was alone, Lisa got out of bed and slowly went to look around the house, but there was nothing, she went back to bed because it was 3:00 a.m., but when she returned to bed, she found the dream doll on top of the bed and a letter next to the doll, that said: From May to Lisa.

Carla Pereira Antúnez, 1º ESO B


Relatos terroríficos II


No se podía creer que al fin la hubiese hallado. Después de tantos cuentos escuchados a su abuela sobre princesas rescatadas. Por fin hacía realidad su sueño de infancia. Observó la torre, solo un ventanuco casi comido por la hiedra. Miró hacia adentro y pudo ver a una joven de belleza ninfea, tez pálida, encaracolados cabellos rubios y mejillas encarnadas; le pareció intuir, además, unos ojos claros, tal vez acuosos. Comenzó a trepar y cuando estaba ya casi arriba, una mano nívea le fue tendida. Él se asió como si de un oasis en medio del desierto se tratara. Ella sonrió, entonces lo vio, unas infinitas hileras de dientes que semejaban alfileres y unos ojos rojos, casi que demoníacos. Trató de soltarse, pero ya era demasiado tarde.

Después, mientras rechupeteaba un par de costillas, sonrió al recordar el libro de cuentos que sus hermanos publicarían, por aquel entonces sus festines serían prácticamente diarios. Sonrió.


Laura Valeria Gutiérrez Caneda, 1º Bacharelato A



CORTES DE BONECA

Unha leve brisa golpeaba na xanela cun ritmo constante. A rapaza revolvíase inquieta entre as sabas debido aos sons que inundaban a habitación. Subitamente, un forte estrondo fixo eco nas catro paredes e unha corrente de aire frío penetrou no cuarto. A rapaza, instintivamente, ergueuse á vez que se abrazaba a si mesma intentando espantar o frío. Ollou cara a ventá aberta, mentres sentía arrepíos percorrendo o seu corpo. Era unha noite de inverno coma calquera outra, cunha néboa pechada inundando a rúa. Curiosa, achegouse á ventá para tentar pechala. Era un suceso estraño, xa que as ventas non se abrían soas con facilidade e o vento non era excesivamente forte. Sen darlle moitas voltas, pechouna e correndo, refuxiouse de novo na súa cama tentando entrar en calor. Cando xa estaba a piques de volver caer nos brazos de Morfeo, outro ruído púxoa alerta. A boneca de porcelana que herdara da súa nai xacía feita anacos aos pés da cama. Levantouse, esta vez cautelosamente, e con delicadeza recolleu os restos da faciana do xoguete. Comezou a sentir como sangue corría polas súas mans aínda cando non notara ningún corte nelas, e xa asustada, soltou os anacos e retrocedeu tropezando e caendo, á vez que se sumía nunha profunda escuridade. Horas despois, o sol iluminaba o cuarto no que a nai entraba e atopaba baleiro, coa única presenza da boneca, intacta, no medio do leito.

Nerea Carballo Fernández, 2º Bacharelato B




martes, 17 de novembro de 2020

Relatos terroríficos I

 


A RESPIRACIÓN

Todo comenzou nunha aldea chamada Sandiás.

Era o aniversario de Hugo, os seus pais foran comprar regalos para o seu aniversario.

Cando se foron, Hugo chamou a un amigo seu, pero, de súpeto, escoitouse unha respiración e o a amigo de Hugo colgou berrando. Seguiu probando a chamar a todos os seus amigos e familiares, pero non contestaban. Máis tarde armouse de valor e decidiu saír da casa, estaba volvendo escoitar esa respiración, pero seguiu adiante.

Chegou a unha igrexa da aldea e viu moitas tumbas de persoas que aínda estaban vivas. Pero de repente viu unha gran porta que dicía: “respira”. Entrou alí, pero non había nada alí dentro, así que saíu, pero notou que o único que podía facer era respirar…

Hugo Fernández González, 1º ESO B

SARAI CAMPOS RODRÍGUEZ 2º ESO B

EN EL BOSQUE DE LAS LECHUZAS

Estábamos en el medio del bosque, ambos montados en nuestros caballos, cuando esa dichosa manada de lobos volvió a aparecer alterando a Cosmos (mi caballo) y a su vez a Estrella. Salimos más rápidos que la velocidad de la luz y nos adentramos en la zona inexplorada del bosque de las lechuzas. Giramos la cabeza un momento hasta observar que nada nos perseguía. Esa zona tenía mala fama, en ella habitaba la tribu más sanguinaria del bosque. Nuestros caballos no podían más, Estrella estaba cansada y Cosmos tenía una herida en la pata trasera debido a la desgarradora mordedura de un lobo. Se oyó un ruido, sonaba como ramas chocándose entre sí. Ese sonido siempre me ha impacientado. Mientras yo vigilaba cualquier tipo de emboscada Gabriel le curaba la herida a Cosmos. Siempre hemos estado juntos, “Lara y Gabriel” los amigos inseparables.

Mis ganas de recordar nuestras aventuras cesaron al escuchar resonar una voz que decía “Os vamos a matar, vamos a ahorcaros y nos comeremos a vuestros caballos”.

Una cuerda salió disparada de un árbol y encestó de pleno en mi cuello. Empecé a ascender y con las pocas ganas de vivir que me quedaban grité con suavidad, como si no me importara nada de lo que estaba pasando. De pronto vino Gabriel, que con su navaja cortó la cuerda que me sujetaba y luego me entregó mi arco. En ese momento nos veíamos rodeados, y fue entonces cuando pudimos ver, con los ojos cerrados, nuestro FIN.

Sarai Campos Rodríguez, 2º ESO B








mércores, 11 de novembro de 2020

martes, 10 de novembro de 2020

martes, 3 de novembro de 2020

Xa está aquí o ESCONXURO DO CORONAVIRUS!

 


SAMAÍN

 




Chegaron os días terroríficos!
As portas do Cidade de Antioquía recibíronnos cociñando esconxuros e beberaxes que limparán as miasmas e que nos devolverán un aire nidio e salutífero! 
Está a cocer o ESCONXURO DO CORONAVIRUS.
Atentas, en próxima entrada, terémolo a disposición das persoas interesadas. Recoméndase en doses GRANDES!







sábado, 24 de outubro de 2020

Conexión Concello de Xinzo


Propostas para Samaín




 E, ademais do concurso, un feixe de propostas terroríficas (!!!) ENGAIOLANTESSSS. Lédeas, escollede a que mellor vos acae e...APUNTÁDEVOS! Cal é a túa escolla?




ESTÁN CHEGANDO MOITAS NOVIDADES PARA TI!!!!

Co outono chegaron a Bibliocidade moitas novidades que están agardando por ti. Podes solicitalas enviando un correo electrónico a prestamosbibliocidade@gmail.com. Por favor, non dubides en pedirnos o que necesitas. Estamos ao teu servizo para proporcionarche as lecturas que buscas.


   




martes, 20 de outubro de 2020

Achégase SAMAÍN

 



Xa o notastes? Os días van sendo máis curtos, a luz vaise apagando, polas noites escoitamos zoar o vento e o noso maxín voa por territorios escuros...

Aproveitade esas fervenzas terroríficas que agroman no voso interior e dádelle forma



Imos aló.........


luns, 19 de outubro de 2020

Día das escritoras

 A Biblioteca Nacional de España promove a iniciativa de adicarlle un día ás mulleres escritoras. Trátase de difundir o seu  legado e recordar as dificultades ás que se enfrontaron así como o valor das súas obras. Este ano é Elvira Lindo a encargada de representar ás escritoras.Gráfica Día de las Escritoras

Reproducimos a continuación un texto seu escrito para a ocasión: 

"Bien se podría decir que la literatura escrita por mujeres está a menudo espoleada por una conciencia esencial del esfuerzo. En clave autobiográfica o como representación de una colectividad destinada a un trabajo poco o nada reconocido las mujeres expresan cuánto trabajo precisa el acto de amar, de tener hijos o de desear la soledad, cuán férrea voluntad hay que reunir para defender una vocación al tiempo que se cumple con las tareas que ha acarreado tradicionalmente la condición femenina. La voz de las mujeres suele exhalar un aliento esforzado, una conciencia constante de que la vida siempre ha de exigirles más que a los hombres.

De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia, Gabriela Mistral y tantas otras en cuya escritura se refleja el esfuerzo de vivir, la vida trabajada, el cansancio y la v
oluntad de cumplir, a pesar de las trampas del camino, con una vocación tozuda e intensa."

Elvira Lindo, comisaria de la V Edición del Día de las Escritoras 2020


sábado, 17 de outubro de 2020

Préstamo



Aínda que todo mudase, hai cousas que seguen no seu sitio, coma meterlle o dente ós libros que enchen os nosos andeis: libros novos, vellos, obrigatorios, voluntarios, con debuxos, con fotos, con música... 
Escolle o teu, pídeo por correo electrónico e, como por arte de maxia, chegará ás túas mans, coma sempre!
(E non esquezas devolvelos nos prazos: iso tampouco mudou!)


mércores, 14 de outubro de 2020

Abrimos as portas do novo curso!

Despois de días de preparativos, adaptacións, reflexións e tamén preocupacións, voltamos con moita ILUSIÓN. Aínda con circunstancias difíciles, agardamos dar GRANDES PASOS.

Iremos informando das novas, dos cambios, das adaptacións. Sen presa, sen pausa.

Para comezar, deixamos este marabilloso video que nos abre unha fiestra ao mundo exterior, con tres libros extraordinarios, que se saen do común. Libros para viaxar a lugares perdidos, a lugares próximos ou lonxanos, a territorios salvaxes e a outros "civilizados".


Non é preciso coller un avión para viaxar!

Grazas á Diana Pastoriza, que nos agasallou con esta creación! (Por certo, visitade o seu blog, Palabras da man ao corazón, un caixón no que atopar lecturas deliciosas!)


domingo, 21 de xuño de 2020

Recomendacións para o verán

Vannos chegando respostas á nosa petición de propostas de lectura para as vacacións.



Podedes seguir enviando, e, sobre todo, ir pedindo a vosa cita para recoller as vosas escollas!

xoves, 11 de xuño de 2020

Préstamos para o verán

Os libros tamén se aburren nos andeis! Tedes que os vir buscar, con precaución, con seguridade, con alegría!
Deixámosvos as instrucións, moi sinxelas, para levalos de vacacións. Axudádenos a que se ventilen!

luns, 18 de maio de 2020

Acceso a libros libres

Non podemos facer préstamos como nos gustaría, pero, para que non quededes con ganas de ler, aquí vos deixamos algúns enlaces para acceder a lecturas novas. Non vos cortedes!!!!
https://www.elejandria.com
https://freeditorial.com/es/
https://www.textos.info



domingo, 17 de maio de 2020

Día das letras galegas, lonxe.

Recordando a Ricardo Carballo Calero, con música e poesía



E aquí unha entrevista marabillosa nun grande programa, A trabe de ouro.


xoves, 7 de maio de 2020

Lecturas confinadas

Recolleita das lecturas que a comunidade Biblioantioquia quere compartir co mundo, rompendo muros, rompendo cadeas, rompendo confinamentos


Grazas a todas as persoas que participastes!!!

venres, 1 de maio de 2020

Boletín do 2º trimestre (ata que todo mudou!)




BOLETÍN BIBLIOCIDADE
Segundo trimestre, 2019-2020
Pincha na foto para acceder ao repaso da vida na biblioteca do IES Cidade de Antioquía ata que todo mudou. E tamén hai un oco para o que nos quedou por facer...

xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro no ano da Covid 19


Un día especial nun momento especial.
Achegamos o precioso díptico elaborado pola Consellería de Educación. Contén un texto de Manuel Gago e unha foto de Harold Iglesias, cun chasco, paxariño común na nosa contorna.



Ler fainos únicos.

Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós.
Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós.
Manuel Gago


Ademais:

Andrea MaceirasPremio Clubes de lectura 2020.

E unha cousa preciosa para ir rematando:





Animádesvos a facer as vosas recomendacións no medio do confinamento?
Enviádeas ao correo da biblioteca.

luns, 9 de marzo de 2020

ToteKing: rap+literatura+moita vida

Acaba de publicar un libro



Nesta entrevista podedes escoitar en primeira persoa a súa experiencia vital.  Unha vida que podía ser a de moita xente de hoxe en día: a relación co pai, a quen define coma "un yonki da lectura" e que habilmente o atou ós libros; as circunstancias difíciles ás que se enfronta a mocidade que ten éxito; os momentos de baixón...
A boa literatura non está rifada coas manifestacións artísticas que moitos non consideran tales, como o rap.
Mentes abertas é o que cómpre!

luns, 2 de marzo de 2020

Muller e ciencia. Sophie Germain



O alumnado de 1º de Bacharelato coa axuda da súa profesora de matemáticas Celsa e co apoio da nosa biblioteca, preparou este fermoso proxecto para dar a coñecer o traballo dunha muller, Sophie Germain, que tivo que agochar a súa identidade feminima para poder dialogar en igualdade de condicións con matemáticos que pasaron á historia como Gauss.



luns, 10 de febreiro de 2020

Semana de acción e reflexión en Biblioantioquía

Pura poesía houbo no club de lectura de 2 Eso. Nesta xuntanza lemos poemas de Carlos Negro e moito máis.... Escoitamos versións músicadas, recitamos e, sobre todo, pensamos e expresámonos.





La imagen puede contener: 5 personas, personas sentadas e interior
O alumnado poético de 2º de ESO 


 O alumnado que participará no concurso de curtas recibiu formación específica. Na segunda sesión darémoslle voltas ás nosas ideas para dar un paso máis na creación. Motor e.... Acción!!!!!


Preparándonos para facer unha curtametraxe

luns, 3 de febreiro de 2020

Concurso Odisea




Un ano máis, a nosa biblioteca participará na Odisea 2020.
O tema non pode ser máis acaído, tratándose dun ano olímpico: O deporte en Grecia e Roma. Este é un extracto da convocatoria:

A nosa Odisea 2020 vístese con prendas deportivas disposta a xogar e a competir máis que nunca, se cabe, e a coroar de oliveira aos vencedores. Estamos en 2020, ano olímpico, a Cultura clásica ponse á última moda, a actualidade alíase coas orixes clásicas dos certámenes atléticos. Nada menos que doce séculos duraron as Olimpiadas da Antigüidade desde o VIII a.C. ata o IV d.C.
Os JJOO modernos rexurdiron a finais do XIX e cumpren agora algo máis dun século; non é nada en comparación cos antigos e é moito, pois o rexurdir do clásico respírase en cada competición: o espírito olímpico, a chama de Olimpia, sobreviviu, renaceu e consolidouse en todo o mundo. E vai a máis.
Animamos aos nosos xoves Odiseos a vestirse cómodos, calzarse as súas deportivas, adestrar o seu corpo e a súa mente, quentar os seus músculos e os seus cerebros, poñer a punto os seus ordenadores, os seus libros, notas e todo o material competitivo necesario para o certamen que se aveciña, que será olímpico, ¡por Zeus!


Xa ferven as máquinas das nosas naves. A toda vela cara Ítaca





venres, 31 de xaneiro de 2020

Día da ilustración

As nosas novas para este día

No día do nacemento de Castelao, coa fin de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase un ilustrador histórico galego. Este ano sácase a luz o ilustrador ourensán Cándido¨Fernández Mazas, un adiantado ó seu tempo.






Neste video podedes ver un resumo da súa vida.





mércores, 22 de xaneiro de 2020

Clubes de lectura

 Este ano as tertulias literarias reunirán a alumnado de quince centros educativos da provincia. As lecturas seleccionadas son O meu nome é ninguén de Manuel Esteban e Mala herba de Manuel Jabois.
No Cidade de Antioquía xa están a preparar as xuntanzas.
E, por outra banda, o clube de lectura de persoas adultas está a disfrutar coa Feliz idade de Olga Novo.





luns, 20 de xaneiro de 2020

Club de letras. Obradoiro de Banda deseñada con Jorge Campos

Un dos proxectos do club de letras no que participamos este curso consiste en plasmar en imaxes con texto unha obra de hai máis de dous mil anos, Lisístrata, na que as mulleres rompen coas regras impostas e deciden tomar decisións das que adoitan estar afastadas.
Jorge Campos é un ilustrador ourensán, autor de obras tan marabillosas coma estas.



ALTER-NATIVO



O pasado luns, acompañou o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, de latín e grego, nun obradoiro no que teoría e práctica foron da man.
Agora toca traballar!

luns, 13 de xaneiro de 2020

Boletín do primeiro trimestre

Neste enlace podedes ver o resumo das moitas actividades que fixemos no primeiro trimestre. Esquecemos algo? Avísanos!

E xa está iniciamos o do segundo trimestre. Gústavos a portada creada por Lucía Rodríguez?