xoves, 27 de outubro de 2016

Achégase o Samaín. Imos collendo medo!

Entramos no insti e atopamos as cabazas decoradas: cal é a que máis vos gusta? A que máis medo dá? A máis orixinal? Pero, agardade para votar, aínda están chegando.





 1º de ESO A, coa súa titora Rosa, xa ten a clase terrorífica. Mirade:






 Ademais, parece que xa empezaron a ler cousas de medo:


Así que BIBLIOANTIOQUÍA non vai ser menos: estamos a preparar lecturas, decoración, bromas pesadas... Todo para que o venres berredes coma nunca!





luns, 17 de outubro de 2016

A miña canción favorita de Bob Dylan


Unha das que máis me gusta é  a  que puxestes, Blowin in the wind . Así que escollo outra,  Master of war:



É unha cancion denuncia das guerras e dos que as potencian para así  facer prosperar os negocios das armas, mandando a loitar dende os seus cómodos despachos.

Propoño a Asun Caneda para seguir coa cadea.

venres, 14 de outubro de 2016

Blowin' In The Wind. Nobel de literatura 2016




A poesía naceu acompañada de música, pero levamos tempo afeitas a rodeala de silencio e agochala nas frías páxinas dos libros.


Bob Dylan escribe poesía para saborear tamén cos oídos. Un gustazo que se lle recoñeza co premio literario máis prestixioso.

Di que este poema o escribiu en 10 minutos. Quizais si e quizais non. Hai xente á que lle sae sen querer, outra ten que traballala máis.


Resultado de imagen de bob dylan


Escoitade este "Blowin'in the wind, saboreade ese son "da resposta flotando no vento" e practicade de paso o voso inglés.

Para rematar, recuperamos o xogo dos retos. Trátase de dicir cal é o tema de Dylan que máis vos gusta  e de que fala.
Para empezar, pásolle a vez a......

ROSA SUÁREZ


mércores, 5 de outubro de 2016

NOVAS DOAZÓNS!

O mes de outubro ábrese en Biblioantioquía cunha gran sorpresa:








Eva Agromayor decidiu que algúns dos libros que tiña lido nos últimos tempos merecían ser compartidos con grandes lectores coma nós.

A partir de agora podemos mergullarnos en enigmas do antigo Exipto:





Podemos coñecer grandes escritoras:



Ou deixarnos levar polo misterio da novela negra:






E se nada disto vos acaba de convencer, SEMPRE NOS QUEDAN OS CLÁSICOS:






GRAZAS, EVA. 
Bo proveito, lectores antioquianos!