xoves, 19 de decembro de 2019

Xogos, novas adquisicións, recomendacións para as vacacións...biblioteca VIVA!

Cargade as vosas mochilas de material novo para encher as vacacións de maxia e aventura!




Xogos para pasar as horas de inverno quentando a cabeza





Os libros fuxen dos andeis e agárdanvos polos corredores

mércores, 18 de decembro de 2019

E hoxe... Maram Al-Masri. Poesía en estado puro








Ler un poema ó día é bo para a saúde.

Pódese dicir algo mellor da poesía? Maram Al-Masri, coas súas verbas mornas, acaba de abrir as nosas fronteiras, quentar os nosos corazóns e quizais arrincarnos a promesa de ser mellores persoas. Unha hora chea de emocións traducidas en bágoas, mans retortas, palabras afogadas...




Señal5- Poema









Todo un pracer e un luxo acoller a esta poeta siria exiliada en Francia.

Moitas grazas


luns, 16 de decembro de 2019

A Utopía de Gabriel Tizón

Recordades a Gabriel Tizón? Por dúas veces se achegou ó Cidade de Antioquía, a última o curso pasado.
As súas palabras sobre as persoas de fóra das nosas fronteiras -físicas e mentais- espertaron as nosas adormecidas conciencias instaladas na comodidade do benestar.
Por se nos esqueciamos, os seus libros teñen un lugar na biblioteca.
Agora comeza un novo proxecto co título de Utopía, palabra de orixe grega que quere dicir "sen lugar". 
La imagen puede contener: cielo y exterior

Déixovos as súas palabras na presentación do proxecto: 
Estamos viviendo una época de racismo y desigualdad, con más medios y desinformación que nunca, una división que siempre interesa al poder, por ello y desde el origen, he decidido vivir en el continente africano por un tiempo indefinido, para ser uno más, aprender, compartir, enseñar, sembrar, recoger...visibilizar.
Desde hace años he realizado numerosos trabajos en países de 4 continentes, y después de más de 15 años de experiencia realizando proyectos en el continente africano, con sus errores y sus aciertos, aprendí que se aprende caminando, sin objetivos finales porque siempre surgirán otros nuevos....Por ello he decidido poner a andar este nuevo proyecto llamado UTOPÍA. Un proyecto de vida, de visibilización, formación, prevención, cambio y ayuda en terreno.
Un proyecto que trata de PERSONAS para PERSONAS, donde se trabajará íntegramente con personas locales porque son las que conocen su realidad, de las que se puede aprender. Un proyecto lo más real posible, sin promesas, que no pretende aleccionar ni cambiar, pero si formar e informar, y por supuesto, generar y transformar a través de los valores de la cultura.
Gabriel Tizón.
PUNTOS PRINCIPALES DEL PROYECTO:
- EUROPA, REALIDAD DE UN SUEÑO.
Este es un proyecto realizado en diferentes zonas de África desde hace más de 10 años para compartir e informar a los más jóvenes, de los peligros de la migración en base a la experiencia y el trabajo realizado en numerosos países los últimos años. Informar del número de personas muertas, las torturas, las violaciones, el esclavismo y las numerosas barbaridades y engaños que sufren las personas en su intento por llegar a Europa en manos de las mafias .... además de las difíciles políticas migratorias actuales europeas, información que a muchos de estos jóvenes no les llega.
El objetivo es compartir e informar a través de exposiciones, conferencias y charlas en la sociedad africana una realidad desconocida de una Europa soñada, y compartir en Europa La realidad africana para comprender los motivos cuando una persona decide realizar un camino tan duro lleno de muerte.
Desde aquí se defiende la migración abierta para todos por igual, creyendo en los valores y el talento de esta tierra, porque nos posicionamos abiertamente en la opinión de que el futuro de África está en África, como no hace tanto ocurrió en nuestra tierra.
Para ello también trabajamos con migrantes retornados, ya que las secuelas en estas personas tienen graves consecuencias como el suicidio.

- MUTILACIÓN GENITAL FEMENINA:
Aunque por ley ya está muy avanzado la prohibición de la mutilación genital femenina, todavía son muchos los pequeños poblados donde se continúa realizando. Esta parte del proyecto, trata de realizar campañas en los lugares más remotos para sensibilizar y frenar las durísimas consecuencias en las niñas que sufren este drama en silencio, siendo otra plataforma de visibilización.

- FORMACIÓN:
Talleres de fotografía para personas africanas para crear posibilidades de trabajo que su realidad sea contada por sus protagonistas, la posibilidad de existir. Para ello también se trabajará la comunicación en base a sus posibilidades en estos lugares tan remotos


O lugar de Gabriel está agora en África, concretamente en Guinea, onde convive con xentes que carecen de todo o que aquí non valoramos: dende a auga ata as luces que no nosa contorna son xa un obxecto decorativa supérfluo.
Seguídeo no fb., a ver se a utopía se fixese "o máis real posible"

mércores, 4 de decembro de 2019

Nobel de literatura. Unha polémica máis

Falta pouco para a grande cerimonia de entrega dos premios Nobel. Non sabemos se Peter Hadke, o escritor austríaco que acadou o galardón deste ano, acudirá ó acto xa que o seu nome está envolto na polémica polas súas opinións e actitude durante a guerra de Iugoslavia.

Que opinades, debe terse en conta na concesión dun premio literario algo máis que a obra do autor?

luns, 2 de decembro de 2019

El informe de Brodeck

O próximo martes, 10 de decembro, teremos a primeira reunión do club de lectura de persoas adultas. Inquietante libro de Philippe Claudel que non deixa indiferente a ninguén. Os horrores da guerra, a condición humana, a esperanza no medio da maldade..., son algúns dos motivos que nos quedan no sentido despois da lectura.
 Agardamos as vosas opinións aquí mesmo, como comentarios, e, por suposto, no Arroz con cháchara do martes.


Página dos

Recomendamos este programa de TVE que fai divulgación da lectura dun xeito moi dinámico e atractivo. Adicádelle uns minutos e veredes como non esaxeramos!!!!
                   

mércores, 27 de novembro de 2019

Clara Campoamor vs.Victoria Kent. O voto feminino en España

La imagen puede contener: una persona
Celia Pereira, avogada, responsable da edición do libro




25 de Nov. Día mundial da violencia contra a muller. Magnífica xornada co alumnado. Celia Pereira, presentounos o libro de Clara Campoamor traducido ao galego O meu pecado mortal. Escenificación e debate perante a controversia do voto fiminino na II República entre a propia Campoamor e Victoria Kent.
Parabéns pola xornada aos departamentos de Latín, Lingua castelá, Historia, Matemáticas, Orientación... Imos seguir implementando a loita pola igualdade no centro. Grazas a tod@s
La imagen puede contener: 3 personas, personas sentadas e interior

Aquí podedes ver un pequeno video do acto.

La imagen puede contener: una o varias personas e interior
Diana e Laura Valeria puxéronlle voz e rostro ás  posturas das dúas únicas mulleres do Parlamento




luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro. Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller


Levamos tempo teimando por facer do noso centro e da nosa biblioteca un punto de loita contra esta tara da nosa sociedade.
Este ano, como participantes no club de letras da Consellería de Educación, aínda imos ter máis traballo que facer, empezando nun día tan sinalado coma este.






Hoxe teremos unha actividade centrada nun dos logros que máis lle custou conseguir ás mulleres, e non só no noso país: o dereito ó voto.
Coñeceremos por boca de Celia Pereira Porto, doutora en dereito e avogada laboralista, editora do libro O meu pecado mortal. O voto feminino e máis eu de Clara Campoamor, como foi ese proceso en España.
Ademais, o alumnado que traballou sobre o tema nas aulas, participará coas súas opinións ou valoracións!
Prometemos imaxes!

mércores, 20 de novembro de 2019

Achegámonos aos tribunais

O Colexio da Avogacía de Ourense invitou o noso alumnado da asignatura Valores éticos a asistir a unha sesión de xuizos. Foron acompañados por MªJosé Mosquera e José Luis Vidal.
A experiencia foi moi interesante, polo que nos contaron as persoas que participaron. Ademais de ver in situ como se desenvolve un xuízo, puideron presentarlle á xuíza e á fiscal as súas inquedanzas.
As dúbidas e sensacións que son difíciles de atopar nos libros da nosa biblioteca, solucionáronse e percíbíronse coa experiencia directa.
Parabéns a todo o equipo implicado!

luns, 18 de novembro de 2019

E agora en Facebook!

Queremos expandirnos polas redes e por iso ampliamos a nosa presenza  nos espazos internáuticos máis populares.

Comenzamos, no facebook,  AQUÍ


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

martes, 12 de novembro de 2019

O CLUBE DE LECTURA DE PRIMEIRO DE ESO XA ESTÁ EN MARCHA!!!

 Como todos os cursos botamos a andar diferentes clubes de lectura para o noso alumnado. Estreámonos co de 1.º de ESO porque nos fai unha especial ilusión. A lectura escollida para iniciar o camiño é Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. 
Xa temos a lectura case rematada. Só nos queda unha reunión para falar de como se desenvolve o final, para pasar despois á actividade estrela que tanto esperamos: o visionado da película El manzano azul, que sendo do ano 2012, ten moitas concomitancias coa novela, ou a novela coa película... Despois do filme discutiremos sobre os aspectos en común e sobre os diverxentes. Realizaremos esta actividade no descanso do comedor o luns 25 de novembro.


luns, 11 de novembro de 2019

Concurso microrrelatos



Proximamente publicaremos os microrrelatos premiados para poder disfrutar deles!!!!!!






PARABÉNS, PARTICIPANTES!!!

luns, 4 de novembro de 2019

Recoñecementos ao noso alumnado



A semana pasada chegáronnos dúas fermosas sorpresas: Adrián Ramos resultou premiado na modalidade de música, na Cidade da Cultura, no encontro da mocidade. Recolle a nova O Correo galego




E tamén, o grupo de alumnos de 2º e 1º de Bacharelato que participaba no concurso de debate económico, acadaron o segundo posto, nunha apretadísima final, que os deixou fóra da fase nacional por tan só un punto de diferencia co equipo gañadar, do colexio Franciscanas de Ourense.
Recolle a nova La Voz de Galicia.



luns, 28 de outubro de 2019

Novas quentiñas

Seguimos a incorporar novos libros ós nosos fondos. Seguro que algún é do teu gusto.
A por eles!








E xa estamos a preparar o Samaín: concurso de relatos, selección de libros de MEDO e, SORPRESAS terroríficas en BIBLIOANTIOQUÍA!


mércores, 23 de outubro de 2019

Literatura latinoamericana no Cidade de Antioquía

A escritora e crítica literaria boliviana, agora residente en Allariz, Lourdes Reinaga, visitou hoxe a nosa biblioteca e ofreceunos unha panorámica das escritoras e escritores latinoamericanas, con especial atención á narrativa en Bolivia.

Ó rematar esta exposición, reflexionou co alumnado sobre as motivacións da escritura, co exemplo da súa experiencia personal.
Pouco a pouco os rapaces e rapazas presentes fóronse animando a indagar na súa vida como escritora: Como te fixeches escritora? Escribiches algunha vez poesía? Por que descartaches eses poemas que escribiches? Cal é o teu autor ou autora favorita?
Finalmente, explicou en que consiste o proxecto de Yolanda Castaño no que ela participa

Yolanda Castaño abre unha residencia literaria «para o sosego e o estímulo da creación»

A escritora quere aproveitar a súa experiencia como bolseira en distintos proxectos extranxeiros para impulsar unha iniciativa que poña a Galicia no mapa internacional (La Voz de Galicia, 22/02/2019)






martes, 15 de outubro de 2019

CHEGA O SAMAÍN!!!

Chegaron as choivas, o outono, as castañas... E no IES Cidade xa nos estamos preparando para o Samaín. A biblioteca será un lugar terrorífico no que pasarás momentos de auténtico terror!!!!
Para abrir boca, xa está convocado o mítico concurso de microrrelatos de terror. Propoñemos que o fagades en calquera lingua e que os ilustredes para que dean moito moito medo!!! Haberá premios para a diferentes modalidades. Mil grazas a todos os Departamentos de linguas que estades colaborando nesta iniciativa.

Todo o mundo a participar!!!!!


luns, 7 de outubro de 2019

Agardando dous premios Nobel de literatura

O próximo xoves, 10 de outubro saberemos os nomes das persoas gañadoras do Nobel de 2018 e 2019.
Entre as favoritas, tres mulleres: Anne Carson, Maryse Condé e Can Xue.
Velaí algunhas das súas obras

Sen tradución en linguas ibéricas
Eros. Poética Del DeseoCorazón que ríe, corazón que llora: Cuentos verdaderos de mi infancia (Impedimenta)



Será algunha delas premiada?

martes, 1 de outubro de 2019

CURSO NOVO... LECTURAS NOVAS!!!!

Se nos visitas, verás que o andel de novidades está ben completiño!!!  Fíxate ben en que A Terra de Anna e Esto lo cambia todo son dúas obras centradas no tema da emerxencia climática. Tamén temos poesía, Feliz Idade, e novelas que apelan ás emocións como Wolfgang (para segundo ciclo de ESO) ou Mala herba (para Bacharelato). Pero non falta a filosofía como La Filosofía explicada a mi hija, nin a Ciencia como Historia do ADN ou O Universo matemático.
TODAS AGARDAN POR TI EN BIBLIOANTIOQUÍA!!


luns, 23 de setembro de 2019

Abrimos as portas dun novo curso!

Moitas ilusións, moitos proxectos nos agardan!
Continuamos cos camiños abertos anos anteriores: clubes de lectura, compra de novidades e exposición fóra do recinto da biblio, colaboracións cos departamentos e proxectos que se desenvolven no centro... Pero, ademais, temos dúas novas propostas: o Club de letras e a Radio na biblio.
Que vos parece? Arrancamos?

Aprendizaxe

Porque na beleza da terra escriben con tinta
os vosos corazóns

eu aprendo.


Porque preguntades a dúbida eterna e non sei contestala
aprendo.

Porque sorrides mesmo con sono e cansazo
aprendo e a pomba póusase
timidadmente enriba do coñecemento
e un bolígrafo Bic devén un piar sagrado.

Con que dozura incrible pronunciades mal o erre
e eu vou ao voso padal corrixir o evanxeo fonético
sen crer en deus pereo crendo en vós.

Porque nos laboratorios aínda se fabrica esperanza
Porque saio chisnada do xiz da pureza
Porque fago a transfusión do saber das miñas ás vosas veas
e escoitades o nome de Safo e de Rosalía por vez primeira
coma se puxésedes os pés na Lúa
e de feito poñédelos.........


Olga Novo, Feliz idade                                                            



Verdade que queredes continuar lendo?

Velaí o tedes


.

luns, 1 de xullo de 2019

AS NOSAS LECTURAS DE CLUBE

Xa rematou o curso e podemos dicir que os nosos clubes de lectura funcionaron de marabilla. Foron moitas as lecturas e moitos os momentos compartidos de diálogo, contraste de opinións e creación literaria.
As lecturas que nos ocuparon este curso foron:


CLUBE DE LECTURA DE 1.º ESO





CLUBE DE LECTURA DE 2º. ESO

 EMPAPÁMONOS DE POESÍA




CLUBE DE LECTURA DE SEGUNDO CICLO DE ESO E 1.º DE BACHARELATO



CLUBE DE LECTURA DE PROFESORADO






DESEXÁMOSVOS UN VERÁN DE NOVELA!!! 

sábado, 22 de xuño de 2019

martes, 4 de xuño de 2019

Xornalistas en Telemiño

Xa podedes ver a participación do IES Cidade de Antioquía na televisión! Parabéns! 
Cámara, acción!



 



 

luns, 3 de xuño de 2019

VI Certame de Debuxo, conto e relato, Falando de solidariedade

Un ano máis o CEIP P.Crespo de Xunqueira de Ambía, organizou este concurso no que o IES Cidade de Antioquía sempre ten representantes.





















Dous dos relatos presentados polo IES Cidade de Antioquía foron premiados: Blanco e negro, de Sara Conde Márquez e Un caravel no peito, de Bárbara Feijoo Canto.


Sara Conde Márquez e Bárbara Feijoo Canto foron dúas das premiadas
Parabéns! Agardamos publicar os relatos premiados.
María Moreno, profesora en prácticas, foi quen leu un dos relatos. En breve, publicaremos este momento máxico.
Podedes ler aquí a noticia na prensa.

xoves, 30 de maio de 2019

MOITA VIDA NA NOSA BIBLIOTECA

Cantas cousas aconteceron en Biblioantioquía nas últimas semanas. Houbo obradoiros de poesía con Carlos Negro, de expresión artística co colectivo Matrioska, de radio co alumnado de Agraria e Forestais ou de creación literaria coa nosa querida alumna de prácticas María Moreno. Enchemos o ambiente de creatividade e de ilusión, así que imos rematando o curso coa mochila ben cheíña de sentimentos positivos.
Temos a sensación de que este curso abrimos moitos camiños que seguiremos pisando, con calma e con goce, á volta das vacacións.