Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de abril de 2021

domingo, 17 de maio de 2020

Día das letras galegas, lonxe.

Recordando a Ricardo Carballo Calero, con música e poesía



E aquí unha entrevista marabillosa nun grande programa, A trabe de ouro.


venres, 26 de maio de 2017

Día das Letras Galegas



Este ano o día das Letras estivo máis vencellado que nunca á Limia. Por iso, o alumnado do IES Cidade de Antioquía levaba tempo traballando coa obra de Carlos Casares.




A semana das Letras Galegas foi o cumio da súa relación co escritor limiao:  a véspera do día propio  
espuxeron os seus traballos na bilblioteca e noutros espazos do centro.




A sorpresa foi que estes traballos non foron só gráficos senón tamén dóces! Seguro que podedes sentir o arrecendo!












Velaí o grupo de 1° dando conta das obras en dóce...








E, o propio día, no acto central en Xinzo, a nosa alumna e compañeira Paula Limia comezou a lectura homenaxe a Casares co Conto de verán que prologa O galo de Antioquía escrito polo seu fillo Hakan








Presentáronnos, ademais, o traballo feito polos equipos de normalización lingüística dos CEIP de Xinzo e dos IES  de Allariz, Maceda e Xinzo, que incluía este precioso e particular xogo: A Oca de Carlos Casares!







Que celebración máis boa! Parabéns as persoas participantes!

mércores, 21 de maio de 2014

Letras Galegas no Cidade de Antioquía





Estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado de ESO e Bacharelato que están expostos na Biblioteca. Tamén polos corredores quedaron pegadas do día das Letras. Ademais na barra lateral podedes ver o libro feito polas Pantallas.
Parabéns ós que participástedes!

mércores, 30 de abril de 2014

LETRAS GALEGAS: Xosé María Díaz Castro

 
A semana do 12 ó 16 de maio adicarémola a coñecer mellor a Xosé María Díaz Castro, protagonista do día das Letras Galegas 2014.
Para ir entrando en materia podedes ver o seguinte video:


O xoves, 15 de maio ás 10´10 h., na Biblioteca, haberá un RECITAL POÉTICO, no que participará o alumnado e o profesorado.