BIBLIOANTIOQUÍA SUSTENTABLE

 

A presencia dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) nos centros educativos gaña protagonismo ano a ano. É este o motivo polo que, dende este espazo e dende a propia BiblioAntioquía, pretendemos dar a coñecer os ODS e difundir as accións que nas nosas circunstancias podemos implementar para facer deste noso mundo un lugar máis habitable, maáis solidario, máis equitativo; en definitiva, un lugar mellor.



Con esta páxina pretendemos formar, concienciar e invitar aos nosos lectores e lectoras a que se sumen ás iniciativas da BiblioAntioquía por un instituto e por unha Limia sustentable.

COÑECE OS ODS DE PRIMEIRA MAN

 

Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía aporta o seu gran de area a este ODS coa Feira Solidaria do Libro de Segunda Man. Sempre destinamos a recaudación a ONGs que contribúe a axudar aos máis desfavorecidos. O curso pasado foi Cruz Vermella, este curso foi o Banco de Alimentos de Ourense. Aínda non sabemos quen recibirá a próxima recaudación, pero a III Feira Solidaria xa está en marcha... Coa aportación desde ano, cumprimos tamén co ODS 2 - Fame cero.


 
Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía atopará algunha actividade concreta que implementar para logar este ODS. De momento, empezamos polo que liches fai un momento, pero ese é só o primeiro paso.
 
Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía atopará algunha actividade concreta que implementar para logar este ODS. De momento, promovemos hábitos de vida saudable.


Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía contribúe a que o alumnado do IES Cidade de Antioquía reciba unha educación de calidade, facilitando recursos e espazos alternativos para actividades, promovendo actividades e dinamizando o centro con concursos, proxectos e outras propostas que permiten que o alumnado creza no amplo sentido da palabra.


 Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía aposta pola igualdade de xénero. A morado e a cor da nosa biblioteca, contamos cun espazo reservado para as lecturas pola igualdade e apoiamos calquera iniciativa que se desenvolva no centro con esta temática. Só tedes que dar unha volta polas entradas do blog: 25 de novembro, 8 de marzo son datas que teñen un oco especial no noso almanaque de dinamización. Agora incorporamos o 16 de novembro con vistas a consolidar esta data polo que supón para a igualdade de xénero a celebreción do Día da Tolerancia.



Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía atopará algunha actividade concreta que implementar para logar este ODS. De momento, apostamos polo consumo responsable de auga, polo aproveitamento deste ben que ultimamente escasea ao noso redor. Vivimos nun espazo privilexiado no que respecta a choiva e a auga, non sufrimos sequías coma outros puntos da xeografía española, pero consideramos que o desperdicio da auga non é unha opción; asi que, cando alguen esquece unha botella de auga na biblio, achegámola á conserxería e pedimos que se empregue para regar as plantas. É pequena a nosa aportación neste sentido, pero por algo hai que empezar! Seguiremos traballando.

 

Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía atopará algunha actividade concreta que implementar para logar este ODS. De momento, polas nosas aulas pasa o futuro da arquitectura, da enxeñería, da investigación,...


Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía trata de ser un espazo sustentable, accesible a toda a comunidade educativa e con iniciativas orientadas a coidar do medio e das persoas. Seguimos estela que marca o IES, que eliminou o aparcamento para convertilo en parte do patio, que instalou mesas e asentos nos que disfrutar do sol, das amizades; que ten a entrada chea de plantas que humanizan os espazos, que aposta polas zonas verdes e polos ciclos formativos relacionados co medio ambiente a coa realidade limiá.



Dende o noso pequeno recuncho do mundo, a BiblioAntioquía reivindicamos o traballo en equipo e por proxectos como unha metodoloxía que favorece o proceso de formación e a aprendizaxe integral do noso alumnado. Esta é unha pequena alianza, pero é a nosa, a que senta as bases da educación do futuro d'A Limia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario