mércores, 29 de novembro de 2023

O NOSO PROXECTO SOLIDARIO

 Un ano máis, e xa van tres, organizamos a nosa feira solidaria do libro de segunda man. De novo, este curso, eleximos como destinataria unha obra social de proximidade e repetimos co Banco de Alimentos de Ourense, que fai unha labor impagable nos tempos que corren.

Polo noso posto de libros atoparás todo tipo de literatura: infantil, xuvenil, misterio, historia, ciencia ficción, novela romántica, entre outros xéneros, pero tamén cine, non ficción e outras pequenas sorpresas... A procedencia dos libros é variada. Baséase en doazóns privadas, en compras en webs solidarias, neste caso, Libros Melior, en intercambios con outras bibliotecas, coma neste caso a Biblioteca Municipal de Celanova, que cambia libros por kilos,...  Tamén compramos na librería ourensá Re-Read, que adoitan agasallarnos coas súas recomendacións para o alumnado, pero tamén con algún libro extra.

Con este proxecto favorecemos a limpeza dos andeis das casas da nosa comunidade educativa, para facerlle oco ás novidades, contribuímos a darlle unha segunda vida áos libros, ofrecemos cultura a prezos atractivos e, sobre todo, favorecemos a educación en valores, especialmente, a solidariddade.

E non podemos pechar esta entrada sen citar a Ana Belén Figueira, profe de Inglés, colabora incansable na dinamización da BiblioAntioquía e principal responsable de que esta proposta creza ano a ano. Grazas pola implicación persoal, polas horas extra, pola labor de investigación sobre os gustos literarios da comunidade educativa e polos bos intres que pasamos contigo no recreo véndote vender area no deserto.

Aínda queda moito por ver. Agardámoste na porta da biblio.

BARATOS E SOLIDARIOS!

 Aínda quedan días e temáticas diversas, pero non esquezas dar unha voltiña nos recreos pola porta da BiblioAntioquía.




martes, 28 de novembro de 2023

QUE TEMOS PARA HOXE?

 Non te esquezas de pasar polo noso posto de libros na porta da BiblioAntioquía, cada día haberá novidades e sorpresas coas que disfrutar da lectura. Aquí deixamos o menú...



luns, 27 de novembro de 2023

A BIBLIOANTIOQUÍA COMPROMETIDA CON 25 DE NOVEMBRO

 Un ano máis a BiblioAntioquía visibiliza o seu compromiso coas mulleres nesta data tan especial a través da promoción de diferentes iniciativas. Ademais, de elaborar o cartel oficial do noso centro, volvemos ir máis aló...

Para conmemorar o 25 de novembro, integrantes do clube de lectura repartiron pulseiras, vestimos o noso manequín violetas e rodeámolo de mensaxes cheos de significado...


... Mensaxes que grazas a Susana, a profe de Xeografía e Historia, elaboran os máis pequenos do instituto e que cubren corredores e muros do Cidade. Dende logo, esta é unha preciosa maneira de concienciar e de homenaxear ás mulleres que loitan día a día e ás que xa non poden facelo...




... E precisamente para esas mulleres que xa non poden loitar, Celsa e Esther, as profes de Matemáticas, e o seu alumnado de 2º ESO encheron a entrada e o corredor do primeiro andar de estrelas negras, estrelas cos nomes de cada unha das mulleres que neste último ano perderon a vida pola violencia de xénero. Angélica e Yolanda, profes de Castelán, contriubuíron a esta homenaxe con lúas moradas nas que se poden ler versos de cancións e poemas que reivindican o valor das mulleres.




E co alumnado de Valores Éticos de 3º ESO, Anaís, a profe de Filosofía, analizou o primeiro disco de Rosalía, El Malquerer, unha perfecta mostrar do proceso que viven as mulleres que sofren maltrato.







III FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN

 Entre os días 27 de novembro e 5 de decembro celebramos a nosa III Feira solidaria do libro de segunda man, de novo, a beneficio do Banco de Alimentos de Ourense. E desta vez temos un obxectivo...


venres, 24 de novembro de 2023

XA ESTAMOS A PUNTO!

 Temos xa preparado o posto de libros solidarios e este ano temos un obxectivo... A polos 300 euros!



De novo, os fondos que se recauden serán ingresados na conta do Banco de Alimentos de Ourense.

mércores, 22 de novembro de 2023

AO PÉ DA LETRA NAS TERTULIAS DE ALLARIZ

Unha das actividades máis enriquecedoras que ofrecen os clubes de lectura é compartir tempo e opinións, e se ademais coñecemos xente nova, mellor. Esto é o que fixo o noso clube de lectura na Tertulia de Allariz o pasado 21 de novembro. En compañía do IES de Allariz, do IES A Laboral (Ourense) e do IES Ferro Couselo (Ourense), compartimos tertulia presencial e radiofónica con Alba Guzmán Falcón sobre o seu libro Xoaniña de Deus.


luns, 6 de novembro de 2023

PRIMEIROS AGASALLOS DO CURSO CO SAMAÍN

 Velaquí temos aos gañadores e gañadoras dos concursos de Samaín.



Grazas pola vosa participación! O mellor agasallo da BiblioAntioquía é que crezades con nós.