mércores, 27 de maio de 2015

Lidia Lozano gana o 1º premio de relato no concurso "Falando de Solidaridade"

Estamos de celebración...

A alumna Lidia Lozano Araújo de 4º ESO B vén de gañar o 1º PREMIO DE RELATO na súa categoría no II CONCURSO de debuxo, conto e relato FALANDO DE SOLIDARIEDADE" (En memoria de Celtia e Eva).

Recolleu o premio o venres 15 de maio na Colexiata de Santa María a Real en Xunqueira de Ambía.





Co contacontos César Cambeiro

O luns 11 de maio contamos coa presenza do contacontos César Cambeiro que compartiu co alumnado de 1º e 2º E.S.O. toda a maxia da literatura o riso dos seus contos...



Participaron varios compañeiros e compañeiras









martes, 19 de maio de 2015

Encontro do club de lectura con Fran Alonso

O alumnado do Club de Lectura continúa coa súa actividade...

Os máis novos do noso Club tiveron oportunidade de manter un encontro con Fran Alonso entorno aos seus libros no I.E.S. Lagoa de Antela.


Podedes disfrutar deste libro na nosa biblioteca onde tamén temos un exemplar asinado para os nosos lectores e lectoras...

O alumnado de 1º ESO traballou a poesía contida en Cidades

 E moi ben o pasaron co autor...


As mozas e mozos do Club de lectura “Ao pé da letra” de 2º ESO compartiron a lectura e a reflexión sobre Cartas de Amor








Actividade do club de lectura












Obradoiro de portugués

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizou un obradoiro de portugués...

Na BIBLIOANTIOQUÍA tamén se celebran obradoiros de lingua...

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a un obradoiro de Lingua Portuguesa onde disfrutamos e aprendemos algo da lingua irmá... Co título de Sabemos Portugués.

Aquí fica algunha información e mais imaxes do evento.
SABEMOS PORT color
Duração: 100 minutos (duas sessões)
Conteúdo: durante 100 minutos, serão tratados dois objetivos. Por um lado, dar a conhecer melhor o mundo lusófono e o potencial que este tem, e por outro, o valor que representa saber galego para chegar a este mundo em português. Este obradoiro pretende descobrir aos alunos e alunas de que forma o galego lhes abre a porta do mundo.
O obradoiro está estruturado em três blocos, onde serão tratados aspetos culturais dos países que falam português e também serão dadas as chaves ortográficas necessárias para familiarizar-se com um texto escrito em português.
No primeiro bloco, falamos das principais correspondências ortográficas entre o galego e o português. Confirmamos que temos uma grande vantagem porque falamos galego
No segundo bloco, conhecemos o potencial da língua portuguesa no mundo, verificando também a vantagem que temos por saber galego; e viajamos pelos países que falam português, conhecendo-os um pouco mais.
No terceiro bloco, ficamos a saber quais são as nossas dificuldades.
Público alvo: 3º, 4º ESO






mércores, 13 de maio de 2015

Lecturas de verán (XIV)

Clarence, no 2003, decide viaxar a Fernando Poo. Alí estivera o seu avó, o seu tío e o seu pai,  polo 1953, traballando nos cafetais. Descubrirá un segredo familiar, gardado durante moitos anos...
  

Recomendo este libro porque me gustou a historia (mezcla o pasado co presente), é doado de ler e ten algo de intriga.


E a seguinte nominada é Ana Acción.

luns, 11 de maio de 2015

In memoriam

O día 13 de abril deste ano 2015 será difícil de esquecer para os amantes da palabra: acordaron ir xuntos ó ceo dos escritores Eduardo Galeano e Günter Grass.
Biblioantioquía quixo adicarlle un altar a estes dous grandes, onde ler as súas obras así como as opinións e lamentos recollidos na prensa o día despois.








mércores, 6 de maio de 2015

Lecturas de verán (XIII)

Recollo moi agradecida o testemuño de Xosefa, e como xa lle dixen, o meu será un libro en galego porque aínda ningún dos participantes falou dun libro nesa lingua e quero abrir a veda para falar de libros noutras linguas... inglés, francés, portugués, italiano, xaponés... Ben vedes todo o que temos nesta biblioteca...

Dende que comezara esta sección do blog das “Lecturas de verán” temía que me tocara porque me costa escoller un só libro...

O verán pasado optei pola tradución e achegueime á literatura italiana a través da novela de Flavio Soriga titulada Sardinia Blues; unha historia ambientada na illa de Sardeña e nas aventuras de verán de tres amigos que se volven xuntar despois dos seus desamores... pero, agora, gustaríame achegarvos unha suxestión para o verán que xa se ve no horizonte...

Trátase da última novela dunha marabillosa escritora galega chamada María Reimóndez, obra coa que gañou o Premio Xerais en 2014. Actual, áxil, realista e envolvente... 
As súas páxinas son protagonizadas por Saínza Combarro, unha xornalista galega que nos traslada aos distintos conflitos que quere denunciar a través das crónicas que transmite para a BBC. 

O que me enganchou... como a protagonista demostra toda a forza para denunciar os problemas do mundo e deixar os propios nun segundo lugar, como defende a verdade e a liberdade das persoas, e en particular das mulleres que sempre sofren dobremente a violencia do conflito e do entorno. Saínza vive situacións límite e evoluciona ata convertirse na mellor mostra e defensa de todas as mulleres xornalistas que polo mundo nos achegan o que está acontecendo.

Evidentemente tamén adoro o refuxio de Saínza e como dende a distancia e a seguridade deste primeiro mundo da nosa terra galega sempre mira máis alá e retoma con forza o seu labor...

Déixovos o enlace ao blog da novela que vos recomendo por se así vos animades tamén a lela. http://www.mariareimondez-escritora.com/obra/o-ciclo-dos-elemento/dende-o-conflito/

Claro, é crítica e dura co noso mundo e egoísmo e dá moito para pensar... Tal vez poidamos incluso propola para o noso Club de Lectura... 

Anímomos a lela xa que o final da novela non é exactamente igual ao que se presentou ao premio e pode ter algunha sorpresa que nos leve a seguir lendo... 


E para seguir lendo... nomino a dúas profes  Asun e Dominga para que tamén elas nos recomenden algo para o verán que se vai achegando.