venres, 25 de febreiro de 2022

E CHEGOU A RAÍÑA DO NOSO ENTROIDO

 



Xa estamos en Entroido e por primeira vez o noso manequín vístese da raíña destas datas. Puri, a nosa conserxe, quixo colaborar coa nosa biblioteca e encargouse de convertila na protagonista do noso centro e de organizarnos unha estupenda exposición de carteis do Entroido limiao.







mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO SEMPRE

 Este 23 de febreiro, o Departamento de Orientación encargouse de decorar diversos recunchos do noso IES con versos de Rosalía. Fantástico traballo!



venres, 18 de febreiro de 2022

VIDEOPOEMAS POR SAN VALENTÍN

 Aínda que somos coñecedoras de que o Día de San Valentín ten un fin eminentemente comercial, non puidemos resistirnos na materia de Oratoria a facer uns videopoemas moi amorosos. Partimos do poema de José Ángel Buesa "Canción de Despedida" e o resultado foi fantástico. Aquí volos deixamos.

VIDEO POEMA 1





venres, 11 de febreiro de 2022

NON ESQUEZAS OS MANDAMENTOS DA MECA

 

                                                   

Segue os mandamentos da meca. Ánimo e disfraz!





E o venres... Retranca e moita festa!







venres, 4 de febreiro de 2022

ENTROIDO NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

 

Aproxímanse datas importantes na Limia, e dende a BiblioCidade queremos colaborar coa Vicedirección do centro para que este ano, unha vez máis, o Entroido sexa moito máis ca unha festa, porque aquí, o Entroido é un sentimento.





mércores, 2 de febreiro de 2022

EMBÁRCATE CON NÓS NO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

 A nosa biblioteca "embarcouse" no Contrato-Programa centrado na Axenda 2030 e os seus obxectivos de desenvolvemento sostible. Como contribución a este traballo conxunto, quixemos facer unha exposición de libros centrados na temática medioambiental para espertar así o interese do noso alumnado.

Coa fin de facer visible esta exposición e en liña co proxecto Mulleres (in)visibles, recreamos co noso maniquí a Greta Thunberg, unha das caras máis visibles da loita contra crise climática. 




PRIMEIRA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 1.º ESO

 Por fin chegou o día!! O pasado luns pola tarde o clube de lectura de 1.º de ESO tivo a súa primeira reunión para falar da novela de David Pérez Iglesias Todo o tempo do mundo. A obra deu moito xogo porque nos permitiu falar do apego aos avós, da influencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas e da corrupción en materia medioambiental.

Como colofón a esta lectura, vimos a película El manzano azul, na que pensamos que se inspira a novela. Ou se non é así... moita casualidade sería.

En definitiva, foron tres horas cargadiñas de emocións que nos deixaron moi bo sabor de boca para preparar a seguinte lectura, que será Diferente, de Eloy Moreno.