luns, 10 de febreiro de 2020

Semana de acción e reflexión en Biblioantioquía

Pura poesía houbo no club de lectura de 2 Eso. Nesta xuntanza lemos poemas de Carlos Negro e moito máis.... Escoitamos versións músicadas, recitamos e, sobre todo, pensamos e expresámonos.





La imagen puede contener: 5 personas, personas sentadas e interior
O alumnado poético de 2º de ESO 


 O alumnado que participará no concurso de curtas recibiu formación específica. Na segunda sesión darémoslle voltas ás nosas ideas para dar un paso máis na creación. Motor e.... Acción!!!!!


Preparándonos para facer unha curtametraxe

luns, 3 de febreiro de 2020

Concurso Odisea




Un ano máis, a nosa biblioteca participará na Odisea 2020.
O tema non pode ser máis acaído, tratándose dun ano olímpico: O deporte en Grecia e Roma. Este é un extracto da convocatoria:

A nosa Odisea 2020 vístese con prendas deportivas disposta a xogar e a competir máis que nunca, se cabe, e a coroar de oliveira aos vencedores. Estamos en 2020, ano olímpico, a Cultura clásica ponse á última moda, a actualidade alíase coas orixes clásicas dos certámenes atléticos. Nada menos que doce séculos duraron as Olimpiadas da Antigüidade desde o VIII a.C. ata o IV d.C.
Os JJOO modernos rexurdiron a finais do XIX e cumpren agora algo máis dun século; non é nada en comparación cos antigos e é moito, pois o rexurdir do clásico respírase en cada competición: o espírito olímpico, a chama de Olimpia, sobreviviu, renaceu e consolidouse en todo o mundo. E vai a máis.
Animamos aos nosos xoves Odiseos a vestirse cómodos, calzarse as súas deportivas, adestrar o seu corpo e a súa mente, quentar os seus músculos e os seus cerebros, poñer a punto os seus ordenadores, os seus libros, notas e todo o material competitivo necesario para o certamen que se aveciña, que será olímpico, ¡por Zeus!


Xa ferven as máquinas das nosas naves. A toda vela cara Ítaca