Decoración, disfraces, ambientación,... A semana de Samaín promete no noso instituto!
luns, 30 de outubro de 2023
mércores, 25 de outubro de 2023
OBRADOIROS DE SAMAÍN
A BiblioAntioquía ofréceche a posibilidade de que participes na decoración de Samaín, estás a tempo de acudir aos nosos obradoiros dos recreos.
luns, 16 de outubro de 2023
MÁIS ALÓ DA TINTA E DO PAPEL
Nesta primeira gran cita do curso queremos aproximarvos ás grandes mulleres das letras españolas a través desta selección de reportaxes audiovisuais, entrevistas,... Toda unha homenaxe a esas nenas que un día soñaron - ou non - con ser alguén, que foron testemuñas dunha época e que inevitablemente xa forman parte da historia da literatura ou están no camiño.
Recomendamos especialmente, pola temática, esta entrevista da crítica literaria e poetisa Yolanda Castaño.
LAS SINSOMBRO
CARMEN LAFORET
OLGA NOVO
DÍA DAS ESCRITORAS
luns, 2 de outubro de 2023
AO PÉ DA LETRA INICIA UN NOVO CURSO
O Club de Lectura Ao pé da Letra, que ten a súa sede principal na BiblioAntioquía, abre de novo as súas portas.
Queres formar parte dun clube no que convivir e compartir experiencias ao abeiro da lectura?
Pasa por Vicedirección e coméntallo a María Garrido.
Ao pé da Letra, moito máis ca ler!