martes, 1 de outubro de 2019

CURSO NOVO... LECTURAS NOVAS!!!!

Se nos visitas, verás que o andel de novidades está ben completiño!!!  Fíxate ben en que A Terra de Anna e Esto lo cambia todo son dúas obras centradas no tema da emerxencia climática. Tamén temos poesía, Feliz Idade, e novelas que apelan ás emocións como Wolfgang (para segundo ciclo de ESO) ou Mala herba (para Bacharelato). Pero non falta a filosofía como La Filosofía explicada a mi hija, nin a Ciencia como Historia do ADN ou O Universo matemático.
TODAS AGARDAN POR TI EN BIBLIOANTIOQUÍA!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario