luns, 20 de abril de 2026

CANTO SABES DE LITERATURA? EMBÁRCATE NO NOSO LITERATOUR!

Na BiblioAntioquía fixemos a equipaxe e arrancamos o noso LiteraTour! Unha viaxe fascinante a través do mundo da literatura na que podes demostrar, xa sexas parte do alumnado ou do profesorado, todo o que sabes sobre esta disciplina.

Ao máis puro estilo do célebre concurso de televisión Pasapalabra, no IES Cidade de Antioquía temos a nosa propia versión do rosco. Nesta proba á nosa maneira, todas as preguntas, unha por cada letra do abecedario, teñen relación coa literatura.

Aquí abaixo tes a batería de cuestións. Tamén podes acceder a ela mediante o código QR que hai na pizarra situada na entrada do centro. Tes ata o venres 24 para respondelas. E, por suposto, a sabedoría hai que premiala: a persoa que demostre saber máis e conteste o maior número de preguntas de maneira adecuada será recompensada!

Non perdas esta aventura! Únete ao noso LiteraTour!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario