xoves, 9 de abril de 2026

COÑECER O POBO XITANO PARA ROMPER PREXUÍZOS


Na nosa cita coa Hora de Ler desta semana, conmemoramos o Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra o 8 de abril, unha data para coñecer mellor a súa historia, cultura e loita polos dereitos.

O pobo xitano ten a súa orixe, posiblemente, na India e iniciou unha longa diáspora hai máis de mil anos, espallándose por Europa e chegando tamén á Península Ibérica. Ao longo do tempo, mantivo unha rica tradición cultural, con especial importancia da música e dos oficios artesanais.

Porén, esta historia tamén está marcada pola persecución e a discriminación. Desde leis que buscaban expulsalos ou controlalos ata episodios moi duros como a Gran Redada de 1749 en España pasando o exterminio de centos de miles de persoas xitanas durante o nazismo.

A pesar destas dificultades, o pobo xitano seguiu loitando polo recoñecemento e a igualdade. Coa Constitución de 1978 recoñécense os dereitos de toda a cidadanía, e figuras como Juan de Dios Ramírez-Heredia contribuíron a dar voz ao seu pobo nas institucións.

Tamén é importante destacar a súa achega cultural e lingüística: palabras do caló forman parte da nosa lingua cotiá, e o romaní segue sendo un símbolo de identidade e transmisión cultural.


Ningún comentario:

Publicar un comentario