martes, 28 de abril de 2015

Lecturas de verán (XII)

O libro que vos recomendó titúlase La ridícula idea de no volver a verte da escritora madrileña Rosa Montero.( Sinto que traizoo un pouquiño ós autores que escriben na nosa lingua, pero xa o enmendo coa miña nominada)
É un libro que me entusiasmou e que  me fixo reflexionar sobre a morte dos seres queridos, sobre as relacións entre homes e mulleres, sobre a superación da dor, sobre os perigos da radiactividade e sobre o seu descoñecemento a principios do século XX...
Despois da morte da súa parella no ano 2009, Rosa Montero le o diario que a polaca Marie Curie escribiu trala perda do seu marido, atropelado por un coche de cabalos, quedando totalmente atrapada e impresionada pola vida desta fascinante muller que foi a primeira que recibiu un premio nóbel, a primeira que se licenciou en ciencias na Sorbona, a primeira en ser enterrada no Panteón de Homes ilustres....
Este libro orixinal, inclasificable, auténtico, emocionante, cómplice...no que a morte e a dor se converten nas protagonistas, atrápanos desde as primeiras páxinas ata as últimas, pero a pesar de que elementos negativos están presentes, non é un libro triste, é un libro sobre a vida, apaixonado, alegre e sentimental.

E agora a miña nominada é María Garrido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario