Profesorado e alumnado aportaron moito máis do que a priori sospeitabamos; María tivo que poñer a traballar os miolos para que todo libro singular tivese o seu espazo singular en BIBLIOANTIOQUÍA.
Temos libros antigos -ata do S. XVII-, libros de autoencuadernación, libros diminutos, libros enormes, libros únicos, libros en linguas variadas, libros de/para gatos, libros en Braille...
O resultado á vista queda. As fotos non fan xustiza á realidade.
Aproveitamos para poñer un enigma para os visitantes máis espilidos:
CAL É O LIBRO DO QUE HAI MÁIS EXEMPLARES NA EXPOSICIÓN?
O libro do que máis exemplares na exposición hai é o Don Quixote.
ResponderEliminarPremio!
ResponderEliminar