Grazas pola nominación Pilar
aínda que no teu caso non sei se é unha nominación ou unha orde.
O meu libro de verán é Harry
Flashman de George MacDonald Fraser. Realmente é o primeiro dunha serie de
trece libros que cobren cunha grande ambientación histórica o século XIX e principios
do XX. Pero, quen é Harry Flashman?
Un cabaleiro inglés ao
servizo da súa maxestade, de dubidoso proceder e artes inconfesables. El mesmo
defínese como un ser vil e covarde ao que circunstancias afortunadas converten
de forma sorprendente nun heroe. Un ser tramposo, vividor, enredante e
mullereiro que ten a sorte de estar presente en importantes acontecementos
históricos e influír decisivamente neles. Harry sabe perfectamente e por
experiencia propia que é moito máis importante unha dor de barriga imprevista
que os plans e intencións dun grande estadista. Unha xenial viaxe en trece
volumes polo século XIX onde Flashman participa e modifica a Historia ademais
de poñer no seu sitio personaxes como Lincoln ou Bismarck.
Quedan sen cubrir etapas da
historia de Flashman, pero por desgracia o seu "biógrafo" morreu hai
anos deixando pendentes importantes episodios da súa vida como a participación
na Guerra de Secesión.
Podes consultar neste enlace
máis datos sobre George MacDonald Fraser e o seu personaxe Harry Flashman;
tamén a lista completa de libros da serie.
Aproveito agora para nomear
unha lectora incansable: quenda para Carmen Domarco.
Felices lecturas
Óscar
Dan ganas de lelo e de coñecer a ese Harry!
ResponderEliminar